Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Cabeceira da web concellodebrion.org
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

As webs de Brión rexistraron en setembro 15.365 visitas

Casa da Cultura. Concello de Brión

O pasado mes de setembro os sitios web do Concello de Brión acadaron un novo récord de visitas. En termos xerais, os tres portais en liña (concellodebrion.org, infobrion.com e briondixital.org) duplicaron o número de visitas ata chegar á destacada cifra de 15.365.

Segundo Julio Mallo, técnico de novas tecnoloxías, o incremento coincidiu coas festas de setembro, concretamente a Festa do Cabalo, a Romaría de Santa Minia e a inscrición para a Carreira Pedestre da Amaia, que este ano se fai exclusivamente en liña.

A este éxito de visitas tamén hai que engadir o crecente número de amigos rexistrados no Facebook do concello, que xa supera os 2.700, e os máis de 200 seguidores no Twitter. Ademais, incrementáronse o número de blogs temáticos vinculados a concellodebrión.org, onde recentemente estrearon sitio web a biblioteca municipal (que tamén conta con Twitter de seu) ou o Servizo de Formación e Emprego.

Como novidade neste eido, o concello vai por en funcionamento un blog especializado en sendeirismo onde se poderá consultar información sobre as catro rutas que existen en Brión. O novo sitio achegará, entre outras cousas, unha presentación xenérica do concello e máis unha serie de recomendacións para a práctica de camiñar polas rutas existentes. Incluirá, tamén, descricións dos rutas dispoñíbeis, engadíndose cadansúa ficha técnica coa información máis salientábel dos mesmos.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela