Granxafamiliar.com é un sistema de xestión de información dixital para a comercialización de productos agrarios de orixe familiar.
A finalidade do proxecto é impulsar o desenvolvemento socioeconómico e difundir a utilización das Novas Tecnoloxías da Comunicación e da Información no medio rural galego, co fin de valorar a calidade de vida e por en valor a cultura rural, establecer unhas canles de comunicación entre o mundo rural e urbano, incluir no mercado a producción tradicional de autoconsumo das explotacións agrarias familiares e promover a difusión das Novas Tecnoloxías como ferramentas de intervención social fronte ó fenómenoda exclusión socio-territorial coñecido como "fenda dixital".
Trátase de establecer unha ponte de comunicación entre productores e compradores co fin de evitar as comisións das empresas intermediarias, dirixindo as rendas en beneficio de ambos.
Para levar a cabo o proxecto Granxa Familiar, asinouse un convenio entre: Universidade de Santiago de Compostela, CONCELLO DE BRIÓN, Concello de Antas de Ulla, Obra Social Caixa Galicia, Fundación Feiraco e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. O proxecto está coordinado polo Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela (GIS-T IDEGA). |