Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Recollendo en Barcelona o terceiro premio do concurso Wisibilízalas
A profesora de Tecnolox√≠a do instituto brion√©s L... [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

O proxecto Mulleres TIC do IES de Brión acada o terceiro premio de Wisibilízalas

Infobrion.com

Un novo galardón volve premiar a excelencia do alumnado do IES de Brión. O día 11 de febreiro, coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a profesora de Tecnoloxía do instituto brionés Luz Ramos López recolleu en Barcelona o terceiro premio do concurso "Wisibilízalas" convocado polo Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra.

Este reco√Īecemento foi outorgado a un grupo formado por alumnado de 1¬ļ de Bacharelato e 4¬ļ de ESO do centro de Secundaria brion√©s pola calidade da p√°xina web "Mulleres TIC" elaborada nas materias de TIC e EPVA.

Os obxectivos da convocatoria, consistente na creaci√≥n dunha p√°xina web que describise a carreira de mulleres espa√Īolas contempor√°neas que traballen no √°mbito das TIC, foron xerar reflexi√≥n nos institutos sobre a menor visibilidade das mulleres en ciencia e tecnolox√≠a, dar visibilidade a mulleres que traballan no √°mbito das TIC e potenciar as referencias femininas no √°mbito da ciencia e da tecnolox√≠a.

Uns prop√≥sitos que guiaron en todo momento este proxecto do alumnado do IES de Bri√≥n que agora se ve reco√Īecido cun merecido premio. Parab√©ns!

Ligazón coa web do IES de Brión


Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela