Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  | Seg>
Separador
Festa do Samaín na escola infantil municipal
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Os meniños da gardería municipal de Brión celebran a festa do Samaín

Concello de Brión

Medio cento de nenos e nenas da gardería municipal de Brión, os que teñen entre dous e tres anos de idade, celebraron esta mañá unha Festa de Samaín. Unha celebración na que os pequenos participaron disfrazados de cabazas, uns traxes que eles mesmos elaboraron na clase coa axuda dos seus profesores e utilizando elementos de reciclaxe (principalmente papel).

Os pequenos asistiron a un peculiar “conxuro da queimada”, no que unha das profesoras, disfrazada de meiga, recitaron divertidas rimas antes de que esa peculiar “queimada” (zume de ananás) fose saboreada por todos os presentes, acompañada por outras larpeiradas. A festa rematou cos pequenos bailando e xogando no patio da escola infantil brionesa.

A directora da gardería municipal de Brión, Dolores Campos, destaca a gran colaboración dos pais e nais dos cativos na celebración da Festa do Samaín pois “aínda que a festa non foi aberta ás familias, si que colaboraron todas elas decorando cadansúa cabaza na súa casa”. Unhas cabazas coas que a gardería municipal organizou unha exposición, que se puido ver durante toda esta semana na entrada da escola infantil.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela