Infobrion Correo Electrónico

Escola Infantil Municipal de Brión

-------------------------------------------------------------------------------------------

DATOS XEOGRAFICOS E IDENTIFICATIVOS



-------------------------------------------------------------------------------------------

A Escola Infantil Municipal de Brión está ubicada no número 125 da Urbanización “Agro Novo”, no lugar de Alqueidón, pertencente á parroquia dos Ánxeles.
O local atópase nunha zona de fácil acceso, xa que está a carón da estrada que une Santiago con Noia, moi preto de tódalas urbanizacións do Concello.





Seguindo o Libro de Rexistro de Usuarios, a Escola Infantil Municipal conta, para este curso, cun total de 56 nenos e nenas.
A idade mínima de ingreso no centro é de tres meses e a idade máxima é de tres anos, cumpridos antes do 31 de Decembro do ano vixente.
A ratio que se segue na Escola ven marcada polo Real Decreto 329/2005 do 28 de Xullo polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención infantil.


Número de unidades en horario de mañán:

• Unidade 1: Nenos e nenas menores de un ano. Máximo 8. Unha educadora: María José.
• Unidade 2: Nenos e nenas entre un e dous anos. Máximo 13. Unha educadora: Malé.
• Unidade 3: Mixta. Máximo 15. Unha mestra: Sandra.
• Unidade 4: Nenos e nenas de entre dous e tres anos. Máximo 20. Unha mestra: Silvia.

* Conta tamén con dúas mestras: Begoña e Patricia, e un técnico, Serxio, para axudar nas diferentes aulas.


Número de unidades en horario de tarde:

• Dúas unidades mixtas (ata as 17:30 h.). Máximo 15 nenos e nenas por unidades. Dúas mestras e un apoio.
• Unha unidade mixta (das 17:30 h. ás 19 h.). Máximo 15 nenos e nenas. Unha mestra e un apoio.





As instalacións coas que conta o centro son as seguintes:

- Aula 1. Destinada ós bebés, con espazos diferenciados para o gateo, o descanso e a hixiene.
- Aulas 2, 3 e 4. Adicada ós nenos e nenas de 1 a 3 anos, ten espazos para xogos e traballos, zona de descanso e aseo completo.
- Dúas salas de usos múltiples.
- Cociña, comedor e despensa.
- Despacho de dirección.
- Patio exterior pechado.
- Zona verde e xardín.





Servizos que ofrece:

• Almorzo: de 7:30 h. a 9:30 h.
• Xantar: de 12:30 h. a 14 h.
• Merenda: de 17 h. a 18 h.


O bo funcionamento do centro ven proporcionado pola coordinación existente entre os Servizos Sociais do Concello, encargados da administración (matrículas, cotas, subvencións, financiamento e domiciliacións), e a dirección e persoal da gardería, responsables da atención e coidado de tódolos nenos e nenas e do asesoramento e información ós pais. Todo o persoal que forma parte da comunidade educativa da E.I.M.de Brión, ten un claro denominador común: “A atención con ternura á infancia”.


-------------------------------------------------------------------------------------------

TITULARIDADE E FINANCIAMENTO



-------------------------------------------------------------------------------------------


A titularidade da Escola Infantil Municipal de Brión é do Concello de Brión, que se reserva as funcións de xestión económica e das normas de financiamento do centro, así como a supervisión xeral do funcionamento do mesmo.
Os medios financieiros para o mantemento da Escola (persoal, gastos correntes, material funxible, seguros, limpeza...) corren a cargo de:
• Concello: con aportacións propias.
• Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude a través da convocatoria anual de axudas para o mantemento de centros de atención á primeira infancia.
• Cotas mensuais satisfeitas polos usuarios do centro.


-------------------------------------------------------------------------------------------

PROPÓSITOS DO CENTRO



-------------------------------------------------------------------------------------------


Dada a ratio de nenos e nenas por educador que se segue no centro, preténdese:
• Que o proceso de ensinanza-aprendizaxe sexa o máis individualizado posible e que potencie ó máximo as cualidades de cada neno/a.
• Crear un clima educativo contínuo entre o centro e a familia.
• Potenciar ó máximo un ambiente de seguridade e afecto nas relacións entre os nenos e nenas, e entre estes e os adultos.
• Prestar atención especial á diversidade dos nenos e nenas, respetando as diferencias que poidan existir entre eles, tanto físicas como intelectuais, culturais ou económicas.


-------------------------------------------------------------------------------------------

PERSOAL DO CENTRO



-------------------------------------------------------------------------------------------


• Directora: María Dolores Campos Lueiro. Licenciada en Pedagoxía e Mestra Especialista en Educación Infantil.

• Catro Mestras Especialistas en Educación Infantil:
- Silvia Pazos Tronceda (Aula 4)
- Sandra Recio y Rivas (Aula 3)
- Begoña González Nieves (Apoio)
- Patricia Martínez Castelao (Apoio)

• Dúas Técnicos Superiores en Educación Infantil:
- María José Abal Rial (Aula 2)
- María José González Rodríguez (Aula 1)

• Un Técnico Superior en Animación Sociocultural:
- Sergio Lago Lamas





O profesorado traballa de maneira coordinada a través da “Programación Xeral Anual de Actividades”. Esta faise o comenzo de cada curso, e se vai modificando en función das necesidades do grupo. Tamén se concretan varias reunións ó longo do semestre para tratar diferentes aspectos: funcionamento xeral do centro, problemas ou necesidades específicas de cada aula, deficiencias que poidan existir nun momento determinado..., intentando, a través do diálogo e do bo entendemento, atopar solucións prácticas da maneira máis eficaz e rápida posible.


-------------------------------------------------------------------------------------------

ORGANIZACION INTERNA



-------------------------------------------------------------------------------------------


• As altas e baixas dos usuarios do centro son rexistradas no Libro de Rexistro de Usuarios.
• Existe un Libro de Reclamacións ó servizo dos representantes dos menores do centro.
• Existe un arquivo cos expedientes individuais de cada menor usuario do centro, no que se rexistran os datos persoais, horarios, servizos que se lles prestan, cotas, incidencias...


-------------------------------------------------------------------------------------------

ESPAZOS E EQUIPAMENTOS



-------------------------------------------------------------------------------------------


A Escola Infantil Municipal de Brión posee as condicións de hixiene e seguridade necesarias e dispón das instalacións suficientes para a consecución dos obxectivos establecidos, tanto dende o punto de vista educativo como dende o punto de vista da asistencia ás necesidades dos nenos.
Tódalas aulas garanten a seguridade dos nenos e a adquisición da súa autonomía persoal, desenvolvemento sensorial e socialización.
Os espazos cos que contamos no centro están clasificados da seguinte forma:

Espazos de xogo.-
• Espazos de clase ou aula. Aulas 1, 2, 3 e 4.
• Salas de usos múltiples A e B.
• Patio exterior pechado e xardín.

Espazos de servizo.-
• Entrada, Recibidor
• Cociña, Comedor e Despensa
• Despacho de Dirección
• Aseo e Vestuario Persoal





-------------------------------------------------------------------------------------------

HORARIO XERAL DO CENTRO



-------------------------------------------------------------------------------------------


A Escola Infantil Municipal de Brión permanece aberta dende as 7:30 h. da mañá ata as 19 h. da tarde, ininterrumpidamente, de Luns a Venres.
Permanece pechada:
- Os Sábados e Domingos.
- Os festivos locais, autonómicos e nacionais.
- O mes de Xullo ou o mes de Agosto se o descanso da maioría dos nenos usuarios coincide nalgún destes meses.
- En horario de tarde durante os meses de Xullo e Agosto, así como os días 24 e 31 de Decembro, o 5 de Xaneiro e o Luns e Martes de Antroido.


-------------------------------------------------------------------------------------------

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA O CURSO 2006-2007



-------------------------------------------------------------------------------------------


A distribución dos temas e das unidades é a seguinte:

NENOS E NENAS DE 2 ANOS

Primeiro Trimestre

Dúas Unidades Didácticas:
• A Escola
• O Outono

Segundo Trimestre

Tres Unidades Didácticas
• Os Xoguetes
• O Inverno
• Os Animais

Terceiro Trimestre

Tres unidades didácticas
• A primavera
• O corpo
• O verán

-------------------------------------------------------------------------------------------

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela