Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  5  | Seg>
Separador
O Samaín da Gardería Municipal
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada Foros Relacionados
- Non hai

A gardería municipal festexa o Samaín

Concello de Brión

Un total de 47 nenos e nenas da gardería municipal de Brión, os que teñen entre dous e tres anos de idade, celebraron a mañá do 28 de outubro unha Festa de Samaín. Unha celebración na que os pequenos participaron disfrazados de bruxas e bruxos, uns disfraces que eles mesmos elaboraron na clase coa axuda dos seus profesores e utilizando elementos de reciclaxe (papeis e plásticos).

Os pequenos asistiron a un peculiar “conxuro da queimada”, no que os seus profesores, tamén disfrazados de bruxos e bruxas, recitaron divertidas rimas antes de que esa peculiar “queimada” (zume de piña) fose desfrutada por todos os presentes, acompañada por outras larpeiradas. A festa rematou cos pequenos bailando e xogando no patio da escola infantil brionesa.

Colaboración dos pais

A directora da gardería municipal de Brión, Dolores Campos, destaca a gran colaboración dos pais e nais dos cativos na celebración da Festa do Samaín pois “aínda que nesta ocasión a festa non foi aberta ás familias, si que colaboraron todas elas decorando cadansúa cabaza na súa casa”. Unhas cabazas coas que a gardería municipal organizou unha exposición, que se puido ver durante toda esta semana na entrada da escola infantil, e que hoxe foron entregadas aos pequenos.

A imaxinación e a pericia das familias brionesas quedou demostrada na elaboración destas cabazas, de todos os tamaños, cores e caracterizacións. Así, ademais das típicas cabazas destas datas houbo algunhas especialmente curiosas como unha branca (caracterizada como Hello Kitty), outra coa forma dun morcego negro e mesmo algunha con luces intermitentes.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela