Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  5  6  7  | Seg>
Separador
¿Que foi antes o ovo ou a galiña?
As alumnas de 4º de Primaria do grupo A mostránn... [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada Foros Relacionados
- Non hai

Os alumnos de 4º de Primaria amósannos a pintar ovos de Pascua

GIS-T Idega

Unha galiña de cartulina e un ovo pintado son as propostas que nos fan os alumnos e alumnas de 4º da Primaria do CEIP Pedrouzos para decorar ou regalar durante o período de Pascua. Eles mesmos son os que nos amosan tódolos sinxelos pasos que debemos dar para realizar esta divertida manualidade.

Se non sabes que facer con tanto tempo libre durante estas vacacións de Semana Santa, os nenos de 4º de Primaria do CEIP Pedrouzos danche a solución: pintar ovos de Pascua. Para facelo só necesitas un ovo, pintura, un chisco de paciencia e algo de coidado.

O primeiro paso é vacia-lo ovo, para ísto hai que facer dous pequenos buratos, un en cada extremo, sempre con moito coidado para que o ovo non escache. Dentro dun recipente, soplar levemente por un dos buratos de tal modo que saian a clara e a xema pouco a pouco. Unha vez vacío, limpalo, sempre con moita atención para que non se estropee. Empregaremos un cordel de lá para colgalo despois onde queiramos, así que debemos doblalo pola metade e pasalo a través dos dous ocos, e facer un nudo cos dous cabos.

Despois de escolle-la cor de témpera que será o ton de fondo do ovo, pasámoslle un pincel ou o megullamos na pintura e deixamos que seque durante un tempo. Unha vez seco podemos empezar a face-los debuxos que queiramos con rotulador, aínda que tamén se pode pintar directamente, sempre dependendo do tipo de deseño que prefiramos. Para debuxar pódense escoller tanto ceras coma témperas ou acuarelas. Unha vez rematada a decoración do ovo, vernizaremos tódala superficie e deixaremos que seque. E xa está, listo para colgar onde máis che apeteza.

Outra manualidade moi apropiada para estas datas ademais de perfecto complemento do ovo de Pascua sería unha galiña de cartulina. Os alumnos de 4º de Primaria puxéronse á faena e nos explicaron como facer esta divertida pita. Os materiais que necesitaremos para o traballo son: cartulina de diferentes cores, unhas tesoiras, algo de cartón, unha peza de cartón pluma, un pouco de pegamento ou cinta adhesiva e uns anacos de lá.

Nunha cartulina branca pintamos unha galiña, coa cresta incorporada, e a silueteamos cunha tesoiras. Recortamos as alas nunha cartulina amarela, e as patas nunha laranxa, ou viceversa. Collemos o cartón, se pode ser pintado mellor, e o cortamos en forma de semicírculo. Pegamos tódalas partes da galiña, excepto as patas e enroscamos e pegamo-lo cartón para que quede un pequeno recipente no que colla un ovo.

Por outra banda, pintamos con pintura plástica o anaco de cartón pluma que nos servirá de base para todo o conxunto e deixamos que seque. Mentres pasa o tempo, podemos face-los zancos da galiña cos anacos de lá e uni-los ao resto do corpo, sen olvidarnos de pegar antes as patas de cartulina.

Unha vez seca a base, fixamos a galiña e lle engadimos, se queremos, unhas tiras de cartulina de diferentes cores que farán de cola da ave e unhas flores de plastilina no soporte, que lle darán un toque alegre e colorido.

E agora, mans á obra...¿Quen dixo que en vacacións non se traballa?

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela