Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Representación de 'Espantallo amigo' no CEIP de Pedrouzos
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

O CEIP de Pedrouzos celebrou o Día do Libro cunha homenaxe a Neira Vilas

Casa da Cultura. Concello de Brión

O venres 22 de abril a compañía teatral "Os Quinquilláns" presentou no CEIP de Pedrouzos a adaptación teatral de "Espantallo amigo", noveliña escrita polo recentemente finado Xosé Neira Vilas. Un evento co que o centro de primaria brionés se sumou ás actividades que co gaio da celebración do Día do Libro se organizaron no concello.

Á representación teatral asistiu a totalidade do alumnado da escola, máis de 500 nenos e nenas que gozaron de dúas funcións que remataron entre palmas e cunha sorpresa final. O agasallo dun exemplar do libro "Espantallo amigo" que foi entregado a cada un dos rapaces que presenciaron as representacións.

Una iniciativa para conmemorar o Día do libro e a lectura, lembrando asemade ao gran escritor que foi Xosé Neira Vilas. A homenaxe foi posible grazas a colaboración do Concello de Brión, a Editorial Galaxia, a ANPA Andaravía do CEIP de Pedrouzos e o propio centro.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela