Infobrion Correo Electrónico
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai
Otros Trabajos

Colexio de Educación Infantil e Primaria de Pedrouzos

-------------------------------------------------------------------------------------------

ENDEREZO


-------------------------------------------------------------------------------------------

Rúa Paseo de Pedrouzos s/n - Brión
Teléfono: 881 866 078
Fax: 881 866 086

E-mail: ceip.pedrouzos@edu.xunta.es



-------------------------------------------------------------------------------------------

CARACTERÍSTICAS DO CENTRO


-------------------------------------------------------------------------------------------

Brión conta con 75 quilómetros cadrados e cunha poboación de 6.500 habitantes, que está en progresivo aumento, debido a varios factores: proximidade a Santiago, fermosura de paisaxes, etc.

Este medre da poboación incide fortemente no noso Centro que experimentou cambios ao longo destes últimos cursos, así vemos como se incrementaron as ratios dunha maneira imparable. Coa chegada de gran cantidade de alumnado vemos que aumenta tamén a escolarización de minorías que nos obriga a facer unha ensinanza aberta, capaz de descubrir as necesidades do noso alumnado e que parta do coñecemento e experiencia para que as aprendizaxes sexan o máis significativas posible. Deste xeito, temos previsto aprobar o Plano de Atención ao Alumnado Extranxeiro, que estivemos preparando o curso 2005-2006.

-------------------------------------------------------------------------------------------

NIVEIS EDUCATIVOS


-------------------------------------------------------------------------------------------

No centro impártense os tres niveis de Infantil (de 3 a 5 anos) e os seis grupos de Primaria (de 1º a 6º).

-------------------------------------------------------------------------------------------

BREVE HISTORIA


-------------------------------------------------------------------------------------------

Construído o abeiro da implantación da Lei de Educación Xeral Básica (anos 1974/75), tivo como finalidade primordial a concentración escolar da totalidade do alumnado do Concello de Brión na etapa de EXB deixando nos núcleos urbanos máis pequenos escolas unitarias de Preescolar. No curso 1976/77 contaba con 550 alumnos, repartidos en Preescolar e EXB (De 1º a 8º).

-------------------------------------------------------------------------------------------

DISTRIBUCIÓN ESPACIAL DO CENTRO


-------------------------------------------------------------------------------------------

Planta Baixa:

× Ximnasio
× Biblioteca
× Aula de Música
× Audición e Linguaxe
× Aulas: Infantil de 3 anos e Infantil de 5 anos, e as tres Aulas de Primeiro

Nesta planta están os Despachos de Dirección, Xefatura e Secretaría.


Planta Primeira:

× Comedor e Cociña
× Aula de Inglés
× Aula de Pedagoxía Terapeútica
× Aulas: Segundos, Terceiros, Cuartos e Sexto A de Primaria


Planta Segunda:

× Sala do Profesorado
× Despacho de Orientación
× Aula para as ANPAs
× Aula de Informática
× Aulas: Quintos e Sexto B de Primaria


Fóra está a Aula de Infantil de 4 anos.

-------------------------------------------------------------------------------------------

OBXECTIVO


-------------------------------------------------------------------------------------------

Acadar unha educación integradora, tolerante e de calidade.

-------------------------------------------------------------------------------------------

CALENDARIO ESCOLAR OFICIAL


-------------------------------------------------------------------------------------------

Xornada única : 9:25 - 13:25

Xornada partida:

Mañá: 10:15 - 13:30
Tarde: 15:30 - 17:15

Mediodía: Comedor


VACACIÓNS:

- Nadal, desde o 23 de decembro de 2006 ata o 7 de xaneiro de 2007.
- Semana Santa, desde o 2 ata o 9 de abril de 2007.
- Entroido (luns e martes), 19 e 20 de febreiro de 2007.

-------------------------------------------------------------------------------------------

TRANSPORTE


-------------------------------------------------------------------------------------------



-------------------------------------------------------------------------------------------

AULA DE INFORMÁTICA


-------------------------------------------------------------------------------------------

Este Centro dispón dunha aula de informática para ofrecer axuda e soporte informático a profesorado e alumnado para o seu uso en actividades académicas. Actualmente contamos con doce equipos con acceso a internet e nove ordenadores que, debido a súa antigüídade, só servirán para procesamento de textos.

Estará a disposición do profesorado unha variada mostra de programas informáticos para traballar as distintas áreas curriculares.


Neste curso haberá un coordinador de Informática (Julio M. Iglesias Miranda) que terá como misións as seguintes:

- Facilitar a utilización de programas e medios informáticos ao profesorado.
- Facer inventario dos recursos informáticos.


Para o alumnado que asiste á aula de informática temos os seguintes obxectivos:

- Achegar o ordenador ao alumnado como un medio didáctico para dar aos contidos do currículo un carácter máis atractivo.

- Ampliar as posibilidades e medios didácticos, tanto de cara ao profesorados como ao alumnado.

- Creación de actitudes positivas cara a informática.

- Consideración do ordenador como un instrumento de traballo.

-------------------------------------------------------------------------------------------

BIBLIOTECA ESCOLAR


-------------------------------------------------------------------------------------------

A biblioteca escolar debe ser un espacio educativo de trascendental importancia para o proceso de ensinanza-aprendizaxe, xa que desde unha perspectiva moderna da mesma, pode ser un gran Centro de Recursos que pon a disposición do profesorado e alumnado, materiais de distintos tipos, necesarios para o desenvolvemento do proceso educativo.

Debe ser un lugar atractivo que sirva para coñecer outros mundos e outras culturas e tamén para o deleite da comunidade escolar. Para o seu funcionamento eficaz precisamos primeiro, da presencia dun/dunha encargada cun equipo e logo que os fondos documentais sexan suficientes e estén ordenados para ser utilizados de forma inmediata mediante un bo equipamento informático.

Na actualidade, encontrámonos con dificultades para posibilitar o uso da Biblioteca como tal debido a escaseza de aulas, véndonos na necesidade de utilizar este espacio para impartir outras materias. Sen embargo, intentarase darlle uso fomentando o hábito e pracer da lectura na comunidade escolar.

-------------------------------------------------------------------------------------------

COMEDOR ESCOLAR


-------------------------------------------------------------------------------------------

O comedor escolar debe ser un marco no que o día a día os nenos/as teñan uns mellores hábitos alimenticios e aprendizaxe de normas. Os menús son elaborados tendo en conta a variedade de alimentos, productos frescos, proporcionar lácteos e froita e prescindir de bolería e dóces industriais. Ao principio de cada mes fáiselle chegar ás familias unha copia do menú que van tomar os nenos/as.

A xestión e administración é levada pola Dirección, axudada por unha nai que é a encargada de comedor e pola secretaria do Centro. O coidado e atención educativa, apoio e vixianza dos alumnos/as comensais durante a súa estancia no comedor e periodos posteriores á comida, é efectuada por nove coidadoras que son nais pertencentes á comunidade educativa.

O alumnado come nunha soa quenda cun total de 309 alumnos/as dos que 35 son contribuíntes e 274 becados.


OBXECTIVOS

- Desenvolver hábitos e actitudes saudables do alumnado.

- Garantir dieta san e alimentación variada que favoreza a saúde.

- Desenvolver o compañerismo e actitudes de axuda entre eles, prestando especial atención aos máis pequenos nas labores de posta e recollida do servizo, a través da figura do responsable de mesa.

- Contribuír á organización da vida familiar cando a nai e o pai traballan.

-------------------------------------------------------------------------------------------

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela