Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Obradoiros de Nadal 2017
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Obradoiros de Nadal 2017

Infobrion.com

De martes a venres, do 26 de decembro ao 5 de xaneiro, os máis pequenos da casa van gozar dunha nova edición dos Obradoiros de Nadal.

Unha actividade lúdico-educativa organizada polo Concello de Brión que se celebrará nas instalacións do CEIP de Pedrouzos de 10:00 a 13:00 h., coa posibilidade de deixar ás crianzas ás 9:00 h. e recollelas ás 14:00 h. previa solicitude. Asemade, contará con servizo de transporte, tamén baixo demanda.

Os interesados en participar, poderán inscribirse na actividade ata o 11 de decembro na Casa da Cultura do Concello de Brión, tfno. 981 50 99 08, en horario de mañá. A cota é de 20 euros por semana. Prégase comunicar calquera tipo de alerxia no momento da inscrición.

O número de prazas é limitado, cun mínimo de 20 participantes para garantir a realización da actividade. Terán preferencia, como é habitual, as persoas empadroadas no Concello de Brión.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela