Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
24 de febreiro, Día de Rosalía
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Brión celebra o 24 de febreiro, Día de Rosalía

Infobrion.com

Co gallo de conmemorar o Día de Rosalía, o Concello de Brión disponse a celebrar con toda a cidadanía o 24 de febreiro, data na que se conmemora o aniversario do nacemento da autora. Para tal fin, a Casa da Cultura e a biblioteca municipal propoñen á veciñanza participar en varias actividades:

- Do 22 ao 24 de febreiro: Caldo de Gloria

Durante toda a fin de semana, varios establecementos de hostalaría de Brión ofrecerán como "tapa" aos seus clientes o caldo que Rosalía de Castro describe no poema "Miña casiña, meu lar" de Follas Novas. Unha receita, tipicamente galega, que será ofrecida nos seguinte locais colaboradores: Café Bar BTV, Casa Filiberto, Hotel Casa Rosalía, Kratos e O Repouso.

- Do 22 ao 24 de febreiro: Café con verso

Co fin de achegar á cidadanía a poesía de Rosalía de Castro, o seu pensamento, a súa mensaxe de rebeldía, os locais hostaleiros de Brión agasallarán á súa clientela que consuma un café cunhas tarxetas onde se recollen versos da autora.

Asemade, durante a fin de semana do 22 ao 24 de febreiro, realizarase unha campaña de visualización da figura de Rosalía con reparto entre a veciñanza en diferentes puntos (bares, restaurantes, biblioteca, Casa da Cultura...) de marca páxinas, chapas, folletos e unha bolsa conmemorativos da campaña As pegadas de Rosalía.

- Luns, 11 de marzo: Buscando a Rosalía, contos para crianzas con Raquel Queizás

Para conmemorar o Día e Rosalía e reivindicar o 8M, Día da Muller, a biblioteca municipal organiza un conta contos destinado a público infantil que vai celebrarse a partir das 18:00 h. na Sala municipal de exposicións (Planta baixa da Casa da Cultura).

Trátase dun espectáculo de narración oral con monicreques para nenas e nenos a partir de 3 anos, cunha duración aproximada de 45 minutos, dirixido e interpretado por Raquel Queizás.

A detective Queliña atopa unha vella maleta, dentro hai follas escritas con versos, uns zapatos pequenos, un pano branco... Investigando e xogando descubre quen é a dona da maleta: Rosalía de Castro, a nosa gran poeta.

A actividade será de balde ata completar o aforo.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela