Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Entrega de premios Concurso de tarxetas de Nadal 2018
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

O alcalde de Brión entrega os premios do Concurso de Tarxetas de Nadal

Infobrion.com

O alcalde de Brión, José Luís García, entregou na mañá do xoves 24 de xaneiro os premios do tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, un certame destinado á poboación escolar dos centros de ensino do municipio. Un acto que tivo lugar nas instalacións do CEIP de Pedrouzos e no que os nenos e nenas premiados recibiron vales de 30, 25 e 20 euros canxeables por libros, xogos ou material escolar.

José Luís García agradeceu a colaboración do profesorado do CEIP de Pedrouzos, da escola infantil municipal e das unitarias de Sabaxáns, Os Ánxeles e Luaña, hoxe representados polo director do CEIP de Pedrouzos.

Despois dunha nada doada selección, o xurado deu a coñecer o seu veredicto e escolleu as que considera mellores postais deste ano:

1º CICLO DE PRIMARIA
1º Premio: Gonzalo Boullón Leis, de 1º C
2º Premio: Fabián Martínez Vázquez, de 1º B
3º Premio: Rodrigo Lago Quintela, de 1º A

2º CICLO DE PRIMARIA
1º Premio: Daniel Caramés Giménez, de 3º C
2º Premio: Lucía Martínez Caamaño, de 4º A
3º Premio: Juan Diego Rojas Vivas, de 4º C

3º CICLO DE PRIMARIA
1º Premio: Iria Castro Méndez, de 5º C
2º Premio: Brais Bustelo Rodríguez, de 5º B
3º Premio: Mara Villamarín García, de 6º A

Ademais, levaran un libro de agasallo do Concello os/as seguintes finalistas do CEIP Pedrouzos nas categorías Infantil (Julia Lago Rey, Hugo Calvo García, Nicolás Fontaiña Varey, Paula Señorís González, Martina Remuiñán Nieto e Adrián Lourido Gómez) e Primaria (Andrés Patiño Sanjurjo, Itziar Pérez Fojo, Iria Galan Martínez, Elia Rivera Mayo, Saraina Dapena Antelo, Daniela Mirazo López, Martín Rodríguez García, Carola Rodríguez García e Diana Bouzas Sánchez).

Tamén recibiron premio o alumnado de infantil da Escola Unitaria de Sabaxáns: Vega Álvarez Mosquera, Iker Silva López, Sira Blanco Freire, Andrea Mayo Vázquez, Lluvia Nieto Mera, Daniela Mosquera Asorey, Simón Rodríguez Gómez, Iria Orosa Diz, Yago Gómez Souto e Celia Mella Rama. Finalmente, o Concello de Brión tamén entregou un vales ás escolas dos Ánxeles (30 euros), Sabaxáns (25 euros), Luaña (20 euros), así como ao CEIP Pedrouzos (70 euros) e a escola infantil municipal (30 euros).

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela