Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Outono Cultural 2018
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Outono Cultural 2018 (Editado)

Infobrion.com

En outubro arranca unha nova edición do Outono Cultural, unha programación especial do Concello de Brión con música e teatro que, ademais, inclúe o tradicional Magosto. Unha festa tradicional que este ano se celebrará o venres 30 de novembro.

PROGRANACIÓN DE ACTIVIDADES:

OUTUBRO:

- Día 19 : "Falar sen cancelas", con Fran Rei, Isabel Risco, Pedro Brandariz.
Ás 20:30 h.. no Centro Social Polivalente. Para maiores de 13 anos.
Hai xente que fala por falar. Outros falan polos cóbados. Algúns falan os sete falares. E non son poucos os que falan do xato e se esquecen do trato. Porque prefiren falar dos biosbardos, das nubes ou do sexo dos anxos antes que ir ao conto.

- Día 23: "O Aniversario da Biblioteca" con Celtia Figueiras e Luís Vallecillo.
Ás 18:00 h. na Sala de Exposicións Municipal. Unha actividade de animación organizada pola biblioteca municipal con Celtia Figueiras e Luís Vallecillo para conmemorar con todos os nenos e nenas o Día das Bibliotecas, que se celebra o 24 de outubro. Co patrocinio do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

- Día 26: Teatro Malasombra "DEP: unha comedia de morte"
Ás 20:30 h. no Centro Social Polivalente. Para maiores de 13 anos.
Unha nai con xa demasiados anos, unha embolia, unha gripe e moi poucas ganas de morrer; un fillo próximo aos 50 cunha muller posesiva e medio calva, unha empresa que se afunde e unha xubilación que se afasta, que se afasta; outro fillo de 42 que a coida, báñaa, peitéaa e case a mata (á da embolia); unha "Testigo de Jeová" que os visita cada mércores; moitas contas e poucos aforros; unha casa que hai que vender.

- Día 27: Grupo de Metais Santa Cecía: "Concerto didáctico"
Ás 18:30 h.. no Centro Social Polivalente. Público familiar.

NOVEMBRO:

- Día 9: Teatro Malasombra "Os Rockenstein"
Ás 19:00 h. no Centro Social Polivalente. Público familiar.
O doutor Rockenstein é un gran profesor, un gran científico, un inventor, pero tamén é un melómano consciente de que a boa música está desaparecendo do planeta. Para remedialo, no seu laboratorio decide crear un ser vivo, unha criatura e convertela nunha verdadeira estrela musical que salve ó mundo da desaparición do Rock´n Roll, e para iso, mestura na súa máquina de experimentos os ingredientes necesarios para crear unha estrela do rock: Un disco dos Kiss, un póster dos Rolling Stones, un calcetín do guitarrista de AC-DC, un rizo de Tina Turner, unha chapa de Rosendo...

- Día 17: Grupo T.E.N Teatro Escola de Narón "Será por camiños"
Ás 20:30 h.. no Centro Social Polivalente. Público familiar.
Século XIII. Renata Castro, unha muller de nobre familia, escapa do Mosteiro do Couto Fuxindo dun matrimonio de conveniencia decidido pola súa familia e topa con Gaspar, un xograr que se gaña a vida entretendo coas súas cantigas aos visitantes do mosteiro. A parella, unidas polas circunstancias, comeza a andar o camiño que vai desde o Couto a Santo André de Teixido, e así viaxan nunha aventura fantástica e perigosa, na que atravesarán fermosas paisaxes, visitarán lugares máxicos, vivirán situacións inquedantes e emocionantes, aprenderán grandes lendas e historias de todos os tempos, e toparan cun monte de interesantes personaxes de diferentes condicións e épocas, porque, como rezan as palabras que lles dirá unha vella misteriosa que apaña herbas á beira do camiño: "Se o que queren é aprender, irán a Santo André polo camiño que houbo, que hai e que houber"

- Día 23: Sen Cancelas Teatro: ?2010? (Teatro profesional)
Ás 20:30 h.. no Centro Social Polivalente. Maiores de 12 anos.

- Día 30: Magosto
Ás 19:00 h. na Carballeira de Santa Minia. Público familiar.
Castañas, churros e chocolate de balde para todas e todos.

DECEMBRO:

- Día 1: Teatro Trangalleiro: "En tódalas casas se cocen fabas... e na miña a toneladas" (Teatro afeccionado)
Ás 20:30 h.. no Centro Social Polivalente. Público familiar

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela