Regresan as Noites de Cine ao verán brionés. Nesta ocasión son dúas as sesións de cinema programadas, unha o mércores 4 e outra o venres 6 de xullo. As dúas previstas para as 22:30 h. na Carballeira de Santa Minia. Se o tempo non permite celebralas ao aire libre, as proxeccións realizaránse no Centro Social Polivalente.
Mércores, 4 de xullo:
"La, la, land" = "La ciudad de las estrellas" (EE.UU., 2016) - Musical, comedia, romántico -
Un film de Damien Chazelle protagonizado por Emma Stone, Ryan Gosling e John Legend.
Mia (Emma Stone), unha moza aspirante a actriz que traballa como camareira mentres acode a castings, e Sebastian (Ryan Gosling), un pianista de jazz que se gaña a vida tocando en sórdidos tugurios, namóranse, pero a súa gran ambición por chegar á cima nas súas carreiras artÃsticas ameaza con separalos.
Unha pelÃcula que acadou o recoñecemento de público e crÃtica, con 6 Premios Oscar (incluÃdos Mellor director, actriz (Stone) e fotografÃa), 7 Globos de Oro (incluÃndo Mellor comedia/musical, director, actor y actriz) e 5 Premios BAFTA (Mellor pelÃcula e director, entre eles).
Autorizada para todos os espectadores.
Venres, 6 de xullo:
"Os fenómenos" (España, 2014) - Drama, traballo, emprego -
Unha pelÃcula dirixida por Alfonso Zarauza e protagonizada por Lola Dueñas, LuÃs Tosar, Juan Carlos Vellido, Miguel de Lira, Antonio Durán "Morris", Xosé Antonio Touriñán, etc.
Unha muller que vive desde fai tres anos nunha furgoneta aparcada na costa de AlmerÃa, ve como a súa parella desaparece precisamente o dÃa en que Ãa empezar a traballar. Recollidos os aveños, regresa co seu bebé á súa cidade natal, Ferrol, na Coruña. Ao principio, ten enormes dificultades para atopar traballo, pero acaba conseguindo un posto de peón de albanel. Superada con coraxe a dureza do oficio, pronto a súa cuadrilla empeza a destacar entre as demais pola súa extraordinaria capacidade de traballo.
Non recomendada a menores de 7 anos.
Todas as sesións con entrada de balde ata completar aforo.