Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Programacion Brión verán 2018
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Actividades e campamentos de verán do Concello de Brión

Infobrion.com

O Concello de Brión acaba de publicar na súa web a programación municipal de actividades estivais destinadas aos máis novos da casa. Baixo a denominación de Brionverán 2018, este amplo programa, composto por propostas educativas e de lecer, agrupa os tradicionais Obradoiros de Verán, as Tardes na Carballeira e os Campamentos de verán infantil e xuvenil.

Obradoiros de verán:

Regresan os Obradoiros de verán, unha actividade lúdico-educativa para nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade (crianzas nadas entre 2006 e 2014) que vai celebrarse do 2 ao 31 de xullo, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 h.

Neste último apartado, os participantes terán a posibilidade de presentarse na actividade entre as 9:00 h. e as 10:00 h. e poderán ser recollidos entre as 13:00 h. e as 14:00 h. de xeito gratuíto, aínda que sen servizo de transporte. Este último é opcional e hai que solicitalo expresamente. Asemade, a piscina oferta ás 8:00 h. o "servizo madrugadores", aboando unha cota diaria de 3 euros.

O desenvolvemento desta actividade terá lugar nas instalacións do CEIP de Pedrouzos e da Piscina Pública Municipal. A inscrición farase por semana, con 40 prazas dispoñibles en cada período de sete días. A cota de participación queda establecida en 25 euros por semana e persoa (2º irmán: 13 euros; 3º e sucesivos: de balde)

Tardes na carballeira:

Trátase dunha programación con diferentes actividades semanais, que dependerán do número e idade das persoas inscritas. Cada venres realizarase unha excursión a distintos lugares emblemáticos da contorna.

Para participar, o requisito esencial será ter nacido entre 2004 e 2014 (nenos e nenas de 4 a 14 anos de idade) e solicitar unha das 30 prazas dispoñibles. Tamén aboar a cota de inscrición de 20 euros por persoa/semana (2º irmán: 10 euros; 3º irmán e sucesivos: de balde).

O lugar de celebración das actividades será a Casa da Cultura, situada á beira da Carballeira de Santa Minia, de aí a denominación desta actividade.

Inscrición:

A inscrición nas mencionadas programacións tramitarase na Casa da Cultura entre o 14 de maio ao 15 de xuño. A admisión realizarase por orde de inscrición, con preferencia os veciños e veciñas do Concello de Brión. Tamén poderán participar persoas empadroadas noutros municipios sempre que queden prazas sen cubrir ao final do prazo de inscrición.

::Campamentos de verán 2018::

Os populares campamentos estivais infantil e xuvenil regresan este verán. Dende o 14 de maio e ata o 22 de xuño aquelas persoas interesadas poderán tramitar a inscrición nos mesmos dirixíndose á Casa da Cultura de Brión.

Campamento infantil:

Cun total de 50 prazas, destinadas a rapaces e rapazas de entre 7 e 13 anos (nados entre 2005 e 2011), o campamento infantil está programado para a segunda quincena do mes de agosto.

A cota de inscrición é de 150 euros por persoa (2º irmán, 75 euros; 3º irmán e seguintes: gratis). No momento da inscrición solicitarase unha reserva de 60 euros que non se reembolsará no caso de baixa.

Campamento xuvenil:

Cunha oferta de 20 prazas, esta actividade está dirixida a mozos e mozas nados entre 2001 e 2005 (de 13 a 17 anos de idade). As datas previstas para a realización son do 15 ao 21 de xullo no Galipark de Padrón. A cota de inscrición é de 15 euros por persoa (2º irmán: 28 euros; 3º e seguintes: gratis).

Como nos anteriores casos, terán preferencia os veciños e veciñas do Concello de Brión, aínda que poderán participar persoas de fóra do municipio no caso de quedar prazas vacantes ao finalizar o prazo de inscrición.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela