O Concello de Santiago ven de adherirse ao proxecto denominado "As pegadas de RosalÃa", unha actualizada Ruta Rosaliana da que tamén forman parte os concellos de Ames, Brión e Padrón. Esta iniciativa, presentada en xaneiro en Fitur (Madrid), consiste nun itinerario circular que parte da Praza de Vigo en Santiago e chega ao Panteón de Galegos Ilustres, tras percorrer diversos lugares vinculados á vida de RosalÃa de Castro como San Xoán de Ortoño, a igrexa de Bastavales, en Brión, ou a colexiata de Iria Flavia, en Padrón.
A presentación correu a cargo dos alcaldes de Ames, José Miñones; Brión, José LuÃs GarcÃa; e Santiago, Martiño Noriega; asà como da concelleira de Cultura e Turismo de Padrón, Lorena Couso; e do presidente da Fundación RosalÃa de Castro, Anxo Angueira. Tamén participou MarÃa LuÃsa Ferreiro, da empresa Galicia es +, promotora do proxecto.
As Pegadas de RosalÃa
"As Pegadas de RosalÃa" toma como referencia a ruta deseñada polo intelectual dodrense Avelino AbuÃn de Tembra. O itinerario parte da Praza de Vigo de Santiago, lugar onde naceu RosalÃa de Castro o 24 de febreiro de 1837. Posteriormente percorre por lugares como San Xoán de Ortoño, en Ames, lugar de nacemento do pai de RosalÃa e do Seminario de Estudos Galegos; a igrexa de Bastavales, en Brión, lugar vinculado coa poetisa a través dos seus famosos versos; e a colexiata de Iria Flavia, o Pazo de Arretén e a Casa de RosalÃa, no concello de Padrón. A última parada desta ruta circular é, de volta en Compostela, o Panteón de Galegos Ilustres da igrexa de San Domingo de Bonaval, onde está soterrada a autora.
Polo de agora, a ruta de "As pegadas de RosalÃa" está concibida para ser percorrida en coche ou en autobús, pero o obxectivo é deseñar itinerarios para que o itinerario poida realizarse en bicicleta ou mesmo a pé. Nos portais web de cada concello participante pódese atopar o folleto do proxecto e un mapa, asà como contornas de imaxes 360º dos lugares máis significativos ligados coa autora.
"RosalÃas da Vida"
Na rolda desta mañá tamén se presentou o evento "RosalÃas da Vida", que se vai celebrar o 26 de marzo coincidindo co DÃa do Cancro Uterino, enfermidade da que faleceu a recoñecida poetisa. Trátase de visitas teatralizadas á Casa Museo de RosalÃa en Padrón, unha ás 18.00 e outra ás 19.00 horas. As dúas terán prazas limitadas, e é preciso inscribirse a través do teléfono 646593319 ou no correo electrónico turismo@padron.gal
Reunión con Nava Castro
Por outra banda, esta mañá o alcalde de Brión, José LuÃs GarcÃa; e as concelleiras de Turismo de Ames, Isabel González, e de Padrón, Lorena Couso, mantiveron unha xuntanza coa Directora Xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, e co Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez. Neste encontro presentouse o proxecto á directora xeral, que xa o coñecÃa da presentación feita en Fitur. Nava Castro mostrou a súa disposición para este nova ruta cultural sexa promocionada en diferentes actos e feiras de Turismo na que participe a Dirección Xeral de Turismo de Galicia. Asemade, animou aos Concellos promotores a preparar o correspondente expediente desta iniciativa para envÃalo á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, para que sexa recoñecida como ruta cultural e poder optar as axudas públicas que se convocan para este fin.