Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Entrega de galardóns do XXVI Concurso de Tarxetas
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Entrega de galardóns do XXVI Concurso de Tarxetas de Nadal

Infobrion.com

O alcalde de Brión, José Luís García, visitou o CEIP de Pedrouzos para participar na entrega de galardóns aos nenos e nenas premidos no Concurso de Tarxetas de Nadal 2017. Un certame artístico organizado polo Concello e destinado aos escolares dos centros de ensino do municipio que nas pasadas festas celebrou a súa vixésimo sexta edición.

Neste acto, que tivo lugar o xoves 18 de xaneiro nas instalacións da biblioteca escolar, tamén participaron José Antonio Martínez Lista, director do centro de primaria, e Xoán Cabo Pérez, xefe de estudos. Os premios entregados aos gañadores consistiron en vales cambiables por libros e material escolar, así como un libro de agasallo para todos e todas os/as participantes.

A listaxe cos premios, gañadores e finalistas pode consultarse premendo na seguinte ligazón.

Parabéns a todos os premiados e todas as premiadas!

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela