Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  | Seg>
Separador
Festival de Títeres de Brión 2017
Caramuxo Teatro, "As fabas máxicas" [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Os monicreques máis divertidos visitaron Brión en Aninovo

Infobrion.com

Os monicreques máis pándegos e rexoubeiros acudiron este Nadal a Brión para participar no tradicional Festival de Títeres, un evento que este ano celebrou a súa vixésima primeira edición. Tres espectáculos ocuparon o cartel, protagonizados polos divertidos monifates de Caramuxo Teatro, Títeres Trompicallo e Taxarina Títeres.

Estes entrañables personaxes de madeira, cartón e trapo comezaron a súa xeira brionesa o día 2 de xaneiro con Caramuxo Teatro e a obra "As fabas máxicas". Un espectáculo que mesturou teatro de actor e monicreques para contar a historia de Xan, que vive nun pequeno apartamento dun dos edificios mais altos de Nova York. Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.

O martes, 3 de xaneiro, Títeres Trompicallo presentou "Violeta Coleta contra ás salchichas gulp", unha divertida obra de monicreques de Marián González e Luís González, duns 55 minutos de duración e dirixida a un público a partir dos 4 anos de idade. A historia trata sobre Violeta e como lle cambia a vida pola chegada do seu irmán pequeno, Lois, que acapara toda a atención dos pais que sempre andas ás presas e xa non teñen tempo para ela. Por iso, Violeta desexa que Lois desapareza e non volva máis. Un desexo que se fai realidade.

Como colofón do festival, o día 4 de xaneiro Tanxarina Títeres representou "Titiricircus", un espectáculo que lembra a través das marionetas de fíos a gloria daquel vello e desaparecido circo. Xogando de xeito participativo co público, van aparecendo sobre o escenario algúns daqueles vellos números circenses: o home máis forte da Península, o malabarista máis divertido do mundo, etc.

Todas as representacións celebráronse no espazo multiusos do Centro Social Polivalente de Brión, ás 17:00 h., con asistencia de balde para toda a familia ata completar aforo. Un auditorio que recibiu numeroso público durante as tres xornadas dun festival que xa é un clásico que non pode faltar nas festas de Nadal.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela