Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Festival de Maxia en Brión
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Cayetano Lledó e Martín Camiña no Festival de maxia de Brión

Infobrion.com

Os días 28 e 29 de decembro o Centro Social Polivalente acolleu o Festival de Maxia, unha programación especial para Nadal brionés que presentou dous espectáculos de ilusionismo e maxia a cargo dos artistas Cayetano Lledó e Martín Camiña.

O primeiro dos seráns tivo como protagonista a François Lafayette, personaxe alter ego de Cayetano, un artista de recoñecido prestixio internacional que fusiona sobre o escenario maxia e teatro. Durante aproximadamente sesenta minutos, Lafayette presentou distintos números de ilusionismo que divertiron por igual a pequenos e grandes. Aínda que, como xa se sabe, son os cativos os que máis gozan e se sorprenden coa maxia. E quen, a pesar do paso do tempo, non leva un neno dentro?

Na segunda xornada do festival quen subiu ao escenario do espazo multiuso do Centro Social foi o mago Martín Camiña, un artista con dilatada experiencia profesional no mundo do ilusionismo, premiado varias veces en España e Portugal. Martín sorprendeu aos asistentes co seu espectáculo ?Feitizo? onde mesturou maxia, humor con moita participación do público.

En ámbalas funcións, o máis destacado foi a gran afluencia de público, que encheu a sala os dous días, superándose os 130 asistentes por espectáculo.

Galería de imaxes Cayetano Lledó
Galería de imaxes Martín Camiña

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela