Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  | Seg>
Separador
5º Partido Solidario do Bastavales U.D.
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

5º Encontro Benéfico organizado polo Bastavales U.D. a prol da campaña Brión Solidario

Infobrion.com

A solidariedade é un valor que debe estar vixente ao longo do ano, pero gaña especial sentido durante a celebración do Nadal. Porén, o Bastavales U.D. organiza o día 8 de decembro un encontro de fútbol benéfico a prol da campaña de recollida de alimentos "Brión Solidario".

O serán futbolístico, que terá como escenario o Campo de Fútbol Municipal de Brión, comezará ás 15:30 h. cun partido de exhibición entre os benxamíns e alevíns do Bastavales U.D. A partir das 16:30 h. continuará cun encontro triangular que enfrontará aos equipos do Bastavales U.D., S.D. Luaña e o Noia C.F.

Para acceder ao estadio non será necesario tirar entrada, só achegar algún alimento para doar á campaña "Brión Solidario". Dende o 28 de novembro e ata o día do partido tamén se poderán achegar alimentos nos seguintes lugares:

- Campo de Fútbol Municipal, de luns a venres a partir das 16:30 h.
- Bar Áncora (Os Ánxeles)
- Bar Casa Isorna (San Salvador-Bastavales)
- Restaurante o Padriño (Sabaxáns-Bastavales)
- Casa Botana (Chave de Ponte-Bastavales)
- Bar Basilea (San Salvador-Bastavales)
- Bar BTV (A Igrexa-Bastavales)
- Bar Gran Sol (A Luaña)

Os alimentos recollidos durante este partido e ao longo da semana, serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Brión, campaña "Brión Solidario". Para facilitar a almacenaxe e posterior reparto dos alimentos entre familias con dificultades económicas de Brión, só se recollerán alimentos non perecedoiros e correctamente empaquetados (pastas, aceites, conservas, legumes, cereais, leite, etc...).

Unha oportunidade única para gozar do bo fútbol e colaborar nunha causa solidaria este Nadal. De ante man, grazas por participar e felices festas!

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela