Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Outono Cultural 2016
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

O Outono Cultural 2016 presenta a súa programación

Infobrion.com

Despois do dinamismo que caracteriza a temporada estival, o outono para nada ten que ser monótono e aburrido. Aínda menos, cando o Concello de Brión ven de presentar unha completa programación cultural chea de actividades para toda a familia, onde destacan a música e o teatro. Na axenda tamén resalta: un contacontos, un espectáculo de maxia é unha interesante proxección de curtametraxes. E por suposto, non nos esquecemos do tradicional Magosto, unha festa popular que regresa á Carballeira de Santa Minia  traendo consigo o arrecendo das castañas e o chocolate con churros.

SETEMBRO

O día 30, ás 18:00 h., arranca a programación no Centro Social, cun "Concerto didáctico-infantil" a cargo da agrupación Pitusa Semifusa. Un recital pensado para escoitar en familia.

OUTUBRO

O venres 7, Cayetano Lledó presenta ás 18:00 h. no Centro Social Polivalente o espectáculo de maxia "Sherlock Holmes". Ao día seguinte, o sábado 8 de outubro, Elefante Elegante representará no mesmo espazo escénico  "O rueiro das liortas", un espectáculo teatral para toda a familia que comezará ás 19:00 h.


O sábado 14 de outubro, Teatro do Morcego representará no mesmo escenario "Nosa señora das nubes", unha obra para maiores de 13 anos que comezará ás oito e media do serán. O día 21, Malasombra Teatro estrea en Brión "Go on". Un espectáculo para maiores de 13 anos de idade, programado para comezar ás 20:30 h. no Centro Social.


O 24 de outubro, e para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas, Caxoto Contacontos visitará a biblioteca pública municipal para sorprendernos cos seus "Contos de medo que deixan durmir". Un espectáculo de animación para nenos e pais, que comezará ás 18:00 h. na sala infantil.


A música regresa ao outono cultural o día 28 de outubro da man da ESMU Magariños de Brión e o seu "Festival de Outono". Un recital que comezará ás 18:00 h. no auditorio do Centro Social de Brión.

NOVEMBRO

O venres 4, ás 18:00 h., Baobad presenta no Centro Social "Luppo", unha obra teatral para toda a familia. E o sábado 5, ás 20:30 h. no mesmo espazo, máis teatro a cargo do grupo Andaravía, que sobe ao escenario co espectáculo "Manifestatel".


Teatro Afeccionado Airiños achegarase o día 12 de novembro ata o Centro Social para presentar "Hoxe non se paga", unha peza teatral para maiores de 7 anos que erguerá o pano a partires das 20:30 h. O gran Cándido Pazó convidaranos o día 18 de novembro á representación do seu "Decamerón". Un espectáculo para maiores de 13 anos que comezará ás 20:30 h. no mencionado Centro Social.


Máis teatro os días 19 e 24 de novembro no Centro Social Polivalente. Respectivamente, Redrum Teatro presentará a obra "Noiteboa" e Chévere o espectáculo "As fillas bravas",  neste último caso para conmemorar o "24 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero". Comezarán ás 20:30 h.


O día 25 de novembro, acode puntualmente á súa cita anual o tradicional Magosto. Con castañas e chocolate con churros de balde para todos os asistentes dende ás 19:00 h. na Carballeira de Santa Minia.

O día 26 de novembro, o Coro Diapasón presentará no Centro Social Polivalente o seu "Concerto". Un recital que comezará ás 20:30 h.

DECEMBRO

O día 2 de decembro, ás 20:00 h., terá lugar na Casa da Cultura a proxección dos "Mellores curtos 2011-2015" do Festival Cortoespaña. Unha actividade moi recomendable para maiores de 13 anos. O día 3 de decembro, conmemórase o Día da Discapacidade, unha efeméride que lembraremos cun novo espectáculo teatral recomendado para maiores de 7 anos. Nesta ocasión será o  grupo Andaina Mental, quen represente todo un clásico:  "Romeo e Xulieta". Unha adaptación da obra e William Shakespeare que poderemos gozar no Centro Social Polivalente  a partir das 20:30 h.


Todos os espectáculos terán entrada de balde ata completar aforo. Máis información na Casa da Cultura de Brión ou no tfno. 981509908.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela