Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Bom Jesús en Braga (Portugal)
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Excursión dos maiores de Brión a Braga e Bom Jesús (Portugal)

Infobrion.com

O sábado 18 de xuño, os maiores de Brión terán unha oportunidade única para coñecer o santuario do Bom Jesús, un dos monumentos máis significativos da cidade de Braga. Porque o Concello de Brión organiza unha interesante excursión á localidade portuguesa dirixida a toda a veciñanza de máis de 60 anos e a pensionistas maiores de 55 anos, que ademais poderán viaxar acompañados das súas parellas.

A viaxe en autocar iniciarase ás sete da mañá. Os autobuses recollerán aos participantes polas diferentes parroquias, nos lugares que se indicarán no momento de realizar a inscrición na actividade. A excursión inclúe a visita ao santuario, un xantar con posterior verbena de sobremesa na Quinta do Cruzeiro e unha parada en Valença do Miño á volta, con tempo para realizar compras na vila miñota.

Os interesados/as en participar xa poden inscribirse nas oficinas municipais, chamando ao tfno. 981 88 70 06. O prazo para facelo remata o venres día 10 de xuño. O prezo da actividade é de 25 Euros por persoa.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela