Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Pilar Turnes, cesteira por afición
Falamos con esta veciña de O Rial sobre o seu afÃ... [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Pilar Turnes: “Gústame que a xente vexa as cousas que sabemos facer en Brión”

Concello

Pilar Turnes leva toda a vida facendo cestos, desde que o seu pai “que tamén os facía”, lle explicou a boa maneira de dobregar o vimbio. Só houbo na súa vida un pequeno parón na súa relación cos cestos, cando emigrou a Brasil, “buscando fortuna e traballo”. No día das Letras Galegas, Pilar mostra sempre os resultados do seu esforzo nun posto fixo que a Asociación Carballeira de Brión sempre lle reserva. “Levo vindo desde hai tres anos e penso seguir facéndoo, porque eu son de aquí, de O Rial, e gústame que se vexan as cousas que sabemos facer no noso municipio”, declara.

O de facer cestos é sen embargo un afección para Pilar que como ama de casa debe atender da comida, da limpeza da casa, dos fillos e netos... “Fágoos nos ratos libres, nada máis que nos ratos libres, pero xa ves que aínda así hai moitos. Os pequenos lévanme unha hora, os grandeciños xa máis, unhas tres horas”, conta.

Todos os cestos de Pilar están feitos de vimbio, algún mercado en Padrón (“antes viña de Salamanca”) e outro recollido no propio concello. “Si, tamén hai cestos feitos con material de aquí”, aclara.

Ademais deste hobbie, Pilar gusta moito da música e do baile. “Gústame tocar a pandeireta e bailar muiñeiras. En canto escoito unha téñome que erguer e dar uns pasiños”, remata.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela