Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 4  5  6  7  8  9  10  | Seg>
Separador
Praia fluvial de Ponte Nináns
Área de recreo e descanso na praia fluvial de Pon... [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Praia fluvial brionesa de Ponte Nináns

GIS-T IDEGA. USC

Aproveitando as augas do río Traba de Ponte Nináns contruíuse no 1989 a praia fluvial da Luaña,lugar de solaz visitado polos veciños e veciñas de Brión amais de numerosos visitantes. Ofrece un interesante entorno ecolóxico-cultural para disfrute das familias. As súas augas destacan pola súa transparencia e pureza sendo posible observar a fauna propia de ribeira dos cauces fluvias galegos. Un recurso pedagóxico de interese como aula da natureza para disfrute de escolares

Coa axuda da Consellería de Ordenación do Territorio no ano 1989 foi construída no lugar de Ponte Nináns, na parroquia de San Xulián de Luaña, unha praia fluvial por un importe que ascendeu, anaquel entón. a preto de sete millóns das antigas pesetas.

Esta praia, veu un pouco a compensar a falla de piscinas nas parroquias da parte alta de Brión que non contaban por entón con ningunha, namentras, na parte baixa nas parroquias máis poboadas existían neses momentos en funcionamento tres.

Esta área recreativa é visitada por moitos veciños e veciñas de Brión. Recolle as transparentes e saudosas augas do río Traba; río que xa aparecía con tal nome en documentos da Idade Media asociado ó Coto de Traba e cuias augas xa movian centos de anos atrás un muíño tradicional propiedade dos veciños da Luaña e que anos atrás utilizaban para moer o millo. Este muíño recentemente foi rehabilitado, aínda que non está en funcionamento.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela