Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Presentación do libro "Expreso e outros poemas da vía" de Xulio Cid Neira
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Un espectáculo e unha presentación bibliográfica para lembrar a Rosalía e celebrar o Día da Poesía

Infobrion.com

O venres 17 de marzo, continúan as actividades en conmemoración do Día de Rosalía, que en Brión se prolongan ao longo do mes marzo. Asemade, a biblioteca pública celebrará o Día da Poesía, cunha presentación bibliográfica para público xuvenil e adulto.

Ás 18:00 h. Rosalía sae dos libros para celebrar o seu 180 aniversario no seu lugar favorito: a biblioteca. A partir das 20:30 h. a Sala Municipal de Exposicións acollerá a presentación do libro "Expreso e outros poemas da vía" de Xulio Cid Neira, acto que adianta a celebración do Día da Poesía o 21 de marzo.

- Rosalía cumpre 180 anos! Queres celebralo con ela?

Neste espectáculo de animación, a actriz María Torres caracteriza unha divertida Rosalía que fala da súa vida, dos seus fillos e da súa paixón, a poesía, ao tempo que propón distintos xogos de creación literaria.
O serán celebrarase na sala infantil da biblioteca municipal, o venres 17 de marzo a partires das 18:00 h. Entrada de balde ata completar aforo. Espectáculo especialmente dirixido ao público infantil.

- Presentación en Brión de "Expreso e outros poemas da vía"

Ás 20:30 h. a Sala Municipal de Exposicións acollerá a presentación en Brión do último libro do escritor Xulio Cid Neira, publicado en 2016 polo selo literario Círculo Rojo. O autor, nado en Ourense e residente no veciño Concello de Ames, está vinculado profesionalmente con Brión e o seu Instituto de Ensino Secundario dende hai once anos.
O libro recolle unha serie de poemas inspirados en recordos da infancia e mocidade do autor no barrio ourensá do Pino, que fica ao pé da liña ferroviaria da estación Ourense-Empalme. Acompañará a Xulio no evento o profesor Xesús María Sambade Soneira.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela