Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Encontro coa Arte 2018
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Encontro coa Arte 2018: tres intensos días de creación e divulgación artísticas

Infobrion.com

Un total de 27 artistas, procedentes de distintos lugares de Galicia e do Estado español, participaron na fin de semana do 15 ao 17 de xuño no Encontro coa Arte: Lembrado a María Victoria Moreno. Unhas xornadas de convivencia e intercambio artístico que celebraron a súa décima terceira edición.

Durante case tres días, pintores, debuxantes, fotógrafos, escritores e músicos participaron en diferentes actividades de promoción das belas artes, onde cabe destacar os obradoiros de pintura do natural celebrados no adro da igrexa parroquial de Bastavales e no paseo do Río Pego.

En Bastavales, na tarde do venres, tamén se celebrou o II Certame de Debuxo e Pintura rápidos, un concurso con varias categorías e premios aberto á participación de rapaces e rapazas de 4 a 17 anos de idade. No serán, artistas e veciños puideron asistir á última representación da temporada da visita teatralizada "Rosalía en Bastavales", unha actividade de promoción da Ruta Rosalía en Brión a cargo de Os Quinquilláns.

O Encontro deste ano tamén serviu para inaugurar a exposición das obras doadas polos artistas participantes no XII Encontro coa Arte: Lembrando a Carlos Casares, celebrado en xuño de 2017. Unha ocasión única para coñecer de preto as pinturas realizadas na anterior edición dos encontros nunha única mostra que permanecerá accesible ao público na Sala de Exposicións Municipal da Casa da Cultura.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela