O Concello de Brión desexa celebrar con toda a cidadanÃa o 8 de marzo, DÃa Internacional da Muller, unha xornada para reivindicar algo que deberÃa ser obvio o resto do ano, a igualdade social entre mulleres e homes.
Durante toda a semana, unha árbore, concretamente unha figueira, simbolizará no recibidor do Centro Social Polivalente a necesidade de que na sociedade actual definitivamente enraÃcen e medren con naturalidade os valores que impulsan a igualdade entre xéneros.
Toda a cidadanÃa que asà o desexe poderá deixar penduradas das súas polas, a xeito de froitos de determinación e esperanza, mensaxes a prol das mulleres de todo o mundo, a favor da igualdade e en contra de calquera tipo de discriminación. Un acto simbólico ao que todos e todas estamos convidados a participar.
Rematada esta acción reivindicativa, a figueira será plantada en terreos públicos do noso municipio, para que durante moito tempo a vexamos medrar forte, autónoma, libre e sen medo, simbolizando un cambio social polo que estamos a loitar e no que todos e todas debemos ser partÃcipes.
- Punto de interese sobre igualdade na biblioteca municipal.
Co gallo desta celebración, a biblioteca pública municipal desexa lembrar aos seus usuarios e ás súas usuarias que dispón dun punto de interese permanente sobre igualdade e contra a violencia de xénero. En funcionamento dende hai dous anos (púxose en marcha precisamente con motivo do DÃa Internacional da Muller), está conformado por unha escolma de documentos bibliográficos e audiovisuais sobre a igualdade social entre mulleres e homes e a prevención da violencia de xénero.
O material, independentemente do seu formato, atópase accesible para toda a cidadanÃa e mantense dispoñible para consulta en sala e préstamo a domicilio os 365 dÃas do ano. Xunto ao expositor, atópase o Muro da Igualdade, un espazo simbólico onde os usuarios e usuarias poden deixar mensaxes relacionados co tema.
Unha iniciativa do Concello de Brión nada para dar visibilidade e informar sobre unha problemática que é necesario detectar e erradicar da nosa sociedade o máis axiña posible.