Despois de tres intensas xornadas de creación e convivencia, os artistas do "II Encontro coa Arte - Trobada d´Art: De l´Empordà a Galicia" recolleron os lenzos e cabaletes cos que durante a fin de semana pintaron en diferentes espazos públicos de Brión.
Os obradoiros de pintura do natural que se celebraron no Paseo do RÃo Pego e na Carballeira de Santa Minia remataron, pero a obra destes pintores e escultores poderá contemplarse ata o vindeiro 22 de xullo na Sala de Exposicións Municipal. Neste espazo de arte, os artistas cataláns Antonio Marqués, Alba Roqueta, Alfredo Juárez, Carles Bros, Emili Armengol, Joan Rasset, Josep Miralles, Lluis Roura, Pep Camps e Quim Ros expoñen xunto aos creadores galegos Antón Caxoto, Beatriz Ansede, Carmen Hermo, Chelo RodrÃguez, Isabel Pintado, Laureano Vidal, LuÃs Romero, Maica Alonso, MarÃa Xesús DÃaz, Rebeca Ponte, Ricardo Rilo, Tino Canicoba, Veiras Manteiga, Xosé Vizoso e X. Vázquez Castro. No Encontro tamén participaron convidados pintores doutras procedencias, como o donostiarra Enrique Ochotorena ou o valenciano José Galarzo.
O Encontro iniciouse o venres no Hotel Balneario de Compostela (O Tremo-Os Ãnxeles), coa inauguración da exposición da obra doada polos artistas participantes no "I Encontro coa Arte-Trobada d´Art celebrado en 2014. O sábado, a veciñanza puido asistir no Paseo do RÃo Pego a primeira xornada de pintura do natural, uns obradoiros de creación ao vivo que se prolongaron dende a mañá ata as seis da tarde.
Pouco despois das oito do serán, comezou no espazo multiusos do centro Social Polivalente o concerto do grupo "Lulavai", un exquisito e emotivo recital de arpa a cargo das catro magnÃficas intérpretes que presentaron o seu último disco "Lémbrame un soño". Ãs 21:30 os artistas participaron na inauguración da exposición do "II Encontro coa Arte - Trobada d´Art: De l´Empordà a Galicia", un acto presidido por Xosé LuÃs GarcÃa, alcalde Brión, e o conselleiro de Cultura de Castell-Platja d´Aro, Lluis Pujol. Ao evento asistiu o pintor José MarÃa Barreiro, que amablemente doou unha das súas obras como agasallo institucional que foi entregado ás autoridades catalás.
O domingo as xornadas remataron co segundo obradoiro de pintura do natural, que se desenvolveu na entorna da Carballeira de Santa Minia. Neste espazo, os creadores pintaron dende primeira hora da mañá, ofrecendo ao público unha oportunidade única para velos desenvolver o seu traballo en vivo.
A actividade deste ano foi unha edición especial dos habituais Encontros coa Arte, unhas xornadas de intercambio, convivencia e creación artÃsticas que dende 2006 promoven as artes plásticas entre a cidadanÃa ao tempo que homenaxean a unha figura das nosas letras. En 2013 asinouse un convenio de colaboración coa localidade de Castell-Platja d´Aro polo que alternativamente se celebraron dende esa data xornadas e exposicións de arte en ámbolos municipios.