Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  | Seg>
Separador
Encontro coa Arte 2011
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada Foros Relacionados
- Non hai

Celebrouse o VI Encontro coa Arte

Casa da Cultura. Concello de Brión

Os días 3, 4 e 5 de xuño celebrouse o VI Encontro coa Arte: Lembrando a Luís Seoane, que reuniu en Brión a trinta artistas plásticos nunhas xornadas de convivencia e creación. Durante os encontros celebrouse tamén un mercado de arte e unha homenaxe ao fotografo Luís Ocaña, finado vai facer un ano.

Entre as actividades celebradas durante a fin de semana destacou a inauguración dunha exposición que reúne a obra doada polos artistas ao concello na pasada edición do Encontro, acto ao que asistiu Xosé Luís García, alcalde en funcións do concello, e que serviu de arranque as xornadas deste ano.

Tamén destacaron os obradoiros de pintura do natural, celebrados en lugares significativos de Brión como a entorna do Río Pego ou a Carballeira de Santa Minia. Neles os artistas realizaron pintura do natural ao aire libre, nunha actividade pensada para achegar aos veciños o proceso creativo dunha obra de arte.

O acto máis emotivo das xornadas foi, sen dúbida, a homenaxe que o sábado tivo lugar no Centro Social Polivalente en lembranza do fotografo Luís Ocaña. A el acudiron entre 150 e 200 asistentes, que puideron escoitar as palabras de José Luís García, Víctor Freixanes e Daniel Buján dedicadas á memoria de Luís Ocaña. A quenda de intervencións comezouno o alcalde en funcións, que lembrou o inesquecible legado de Ocaña a Brión, plasmado no libro de fotografías “Brétemas-Luzadas”. A familia do fotógrafo, coa súa esposa Pilar á cabeza, recibiu un agasallo do concello, especial tributo da veciñanza á memoria do finado. Para rematar, a poetisa Eva Veiga realizou un recital con poemas especialmente escollidos para a ocasión.

As xornadas tiveron o seu mercado de arte do Encontro, que resultou todo un éxito. Nel algúns dos artistas participantes puxeron en venda obra en diversos formatos, algunha dela a mesma que pintaron eses días en Brión e na veciña localidade de Ponte Maceira. A pesares de que non é un bo momento, máxime tendo en conta a situación económica que non está como para facer grandes desembolsos, o mercado obtivo mellores resultados do esperado.

O domingo a medio día remataron os Encontros, nunha edición onde Luís Seoane e Luís Ocaña foron os protagonistas, e a arte a gran gañadora.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela