Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
O saneamento do municipio é de case un 100%
O Concelle acomete nestes meses o saneamento das Ã... [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Está a punto de rematar o saneamento integral do municipio, cunha rede que supera os 100 quilómetros de lonxitude

Luciano Pena

O Concello de Brión está a punto de rematar a rede de abastacemento de auga e de recollida de augas residuais nos núcleos do termo municipal, converténdose así nun dos poucos -se non o único- en Galicia cun verdadeiro plan de saneamento integral.

Así, na parroquia de Brión, conta con este servizo as aldeas de Lamiño, Liñares, Cabreiros, Pedrouzos, Aguiar, Brans de Arriba, Casal e Gronzo, sumando a rede de saneamento un total uns 17 km. de lonxitude. Agora, están incluídas nun proxecto que se executará este ano as aldeas de Brión de Abaixo, Brión de Arriba, O Rial, Quintáns, Riazoas e Boimil.

Nos Ánxeles hai que falar de 20 quilómetros de tubería de alcantarillado colocada, que comprende as aldeas de O Tremo, Guitiande, O Cabo, Vilanova, Alqueidón, Estrar, Soigrexa, Pérros, Outeiro, Rial, Lago, Buio, Piñeiro, Sanín e Guisande. En execución atópanse as aldeas de Adoufe, Gundín e Lago.

Na parroquia de Bastavales contan con este servizo todas as aldeas “campana abaixo” cunha lonxitude de 20,5 km. de tubería; para este ano está previsto sanear o lugar de Vilas, o mesmo que os de San Salvador, Gándara e Cirro na parroquia de San Salvador. Tamén está saneada a aldea de Tembra, na parroquia de Boullón.

Para as parroquias de Cornanda e Luaña, está a punto de rematarse o lugar da Graña e en proxecto para 2007, os lugares de Vioxo de Arriba, Vioxo de Abaixo, A Igrexa, Amañecida, Nináns e Cornanda.

Tamén está en servizo o saneamento da parroquia de Ons ao compelto e, en Viceso, os lugares de Esparís, Vilar e Pousada. Nos proxectos de 2007 inclúense os lugares de Ombre, Forxán e Cornanda.

Queda finalmente un pequeno número de aldeas de escasa poboación e de difícil e custosa execución que serán sometidas nos próximos anos.

En canto ao sistema de tratamento das augas residuais, as da zona baixa do Concello envíanse á depuradora de Ortoño, mentras que na zona alta vanse instalando fosas sépticas en cada aldea ou grupo de aldeas.

O proxecto de saneamento do municipio nos permite falar dunha rede de alcantarillado en funcionamento actualmente duns 70 quilómetros de lonxitude por todo o municipio cuns 1.200 pozo colectores. O proxectado para 2007 comprende 35 quilómetros de tubería máis e 800 pozos.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela