Infobrion Correo Electrónico

Veciños de Brión percorren unha nova ruta de sendeirismo

Infobrión

Que Brión é un municipio cheo de paisaxes verdes e fermosos recunchos non é un segredo para ninguén, como non é un segredo o seu potencial como centro de desenvolvemento de actividades deportivas e de ocio. Dentro desta categoría pódese emplaza-lo sendeirismo, unha actividade que combina o deporte coa natureza. Para potencia-las rutas de sendeirismo da zona a Casa da Cultura decidiu organizar un percorrido "experimental" ata as Torres de Altamira.

O pasado Sábado 13 de Maio, baixo un sol de xustiza pouco propio destas alturas da primavera, un grupo de intrépidos veciños reuniuse na Carballeira de Brión gracias a unha iniciativa da Casa da Cultura. Co fin de poñer a proba a súa forma física e o seu espíritu aventureiro, os vintecinco brionenses puxeron rumbo cara unha ruta "experimental" de sendeirismo, un camiño novo que pode convertirse nunha máis das múltiples alternativas que o municipio ofrece ós afeccionados a esta actividade.

O itinerario os levou, costa arriba, dende a Carballeira de Brión ata as Torres de Altamira, onde os participantes tiveron tempo de recuperar folgos para a volta, que xa costa abaixo, os conduciu por Quintán e Trasouteiro ata o punto de partida. A camiñata durou, aproximadamente, dúas horas e media. Á súa chegada á Carballeira, os "sendeiristas" mostráronse cansos pero contentos pola experiencia, particularmente pola posibilidade de coñece-lo Concello dende outro punto de vista.

Esta nova ruta de sendeirismo se suma as tres abertas fai catro anos: a de Rubial, a dos Cruceiros e a do Camiño Francés. E pode ser só o inicio de novos itinerarios, entre os que se atoparían o da Igrexa de Bastavales, ou a do Tremo. Dende logo que o municipio e as súas paisaxes ofrecen moitas e variadas opcións.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela