Lucio Juan Ãngel RarÃs GarcÃa naceu no 1958 en Herbón – Padrón, casado cunha muller dos Ãnxeles, e con dous fillos un deles segue a tradición familiar, xa que dirixe unha das floristerÃas e xa conta co tÃtulo de axudante de floristerÃa. Residente na aldea de Cirro na parroquia de San Salvador xa fai 20 anos, estudiou para perito agrÃcola pero non chegou a rematar a carreira. O seu primeiro traballo foi de chapista nun taller durante catorce anos e logo dedicouse a venda de pementos, leituga, tomate e flores; nembargante como o tema do pemento estaba moi masificado volcouse na venda da flor que tiña moita aceptación.
Na actualidade contan con oito empregados amais de tres familiares traballando xuntos de luns a sábado a prol das floristerÃas. A explotación está dividida en dúas fincas, unha delas conta con 5.500 metros cadrados cubertos e a outra cuns dez mil metros cadrados con invernadoiros e plantación de verde que actualidade empregan para acompañar ornamentalmente ás flores.
Traballan e cultivan para ás súas floristerÃas, pero cando contan con moito excedente tamén venden ó por maior para toda Galicia. Cóntanos Juan RarÃs que traballan todo o ano máis ben con flor de tempada debido o frÃo e á humidade, comézase a producir en marzo ata o Nadal. Dende decembro ata marzo teñen un parón de tres meses debido ás condicións climáticas. As épocas de máis venta durante o ano son o mes de maio, agosto e despois cara tódolos Santos e Nadal.
As flores que máis traballan son lilium, gerbera, antorrino, paniculada e moito rosal.
Estas flores antigamente viñan de fora, pero na actualidade debido os cambios acontedidos no clima, agora máis doado, prodúcense moito mellor. O clavel e a rosa plántase de esqueixe, a gerbera sae de planta pequena e o lilium plántase en bulbo. Para obter as cores máis aceptadas no mercado sóese facer in vitro despois de facer varios ensaios.
Os clientes soen comprar distintas flores segundo gustos e segundo para onde sexan; por exemplo cando son para adornar nas casas mercan clavelinas, margaridas, astromenias…etc, e para levalas ó cemiterio mercan o clavel e o Lilium, e, por último, cando son para decorar as igrexas o habitual é o antorrino e o gladÃolo.
As plantas de flor, ó igual que na agricultura en xeral, afectanlle plagas como o irium, mildio e protitis, afrontando o problema sulfatando a explotación para o que empregan unha máquina informatizada que se encarga de facer os tratamentos para cada praga. Nós encargamonos de meter o producto dentro da mesma e un par de horas chega a sulfatar mil metros. O traballo faise rápido.
Juan RarÃs este xoven emprendedor que conta xa na súa carreira como empresario coa obtención dun accésit ás mellores explotacións de Europa, vive namorado do seu traballo e sinte unha grande pena polo feito de que hoxe en dÃa moi pouca xente se adica ao coidado e venta das flores e como o tema da agricultura cada vez máis se empobrece, sendo vendidas agrÃcolas para urbanizar.
Juan RarÃs citou algunha das calidades e coñecementos, que segundo el, debe posuir aquela persoa que se adique á producción e venta de flores, como son o cariño e gusto polas mesmas, a paciencia, ter uns coñecementos técnicos indispensables como os nomes comúns e nomes propios das flores e, sobre todo, saber atendelos coidados e necesidades indispensables que necesitan cada unha delas.