Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  5  6  7  | Seg>
Separador
Elisa Redondo. Deseñadora paisaxista
Elisa Redondo, xardineira proxectista e deseñador... [+]
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Elisa Redondo Abelenda

Yolanda García. David Santomil. GIS-T IDEGA

Nesta entrevista explica para Infobrión en que consisten os estudios de deseñadora paisaxista e como realiza esta actividade actualmente na súa propia empresa. Elabora proxectos de xardíns (planificación, deseño e mantemento) que posteriormente vende a empresas ou particulares. O principal obstáculo co que se atopa no seu traballo é o descoñecemento por parte dos seus clientes sobre botánica e deseño de zonas verdes, o que implica que moitas veces non aprecien realmente a importancia dos traballos realizados. En 1985 crea a súa propia empresa, "Solaina", e realiza dende entón numerosos proxectos e construccións de xardíns, tanto particulares como públicos, así como axardinamentos de prazas, reconstruccións históricas e mantementos.

Elisa Redondo naceu en A Coruña en 1959 e dende fai catorce anos vive no Concello de Brión.

Elisa comezou estudiando Medicina e posteriormente Bioloxía, pero finalmente non seguiu adiante nestas carreiras máis de dous anos debido (no segundo dos casos) ó escaso enfoque práctico que atopaba na Botánica. Foi entón cando decidiu marchar a estudiar a unha escola de paisaxismo de Madrid (Escuela de Jardinería y Paisajismo Castillo de Batres), onde se preparou para obte-lo título de "xardineira proxectista" en outubro de 1984.

De novo en Galicia, obtén o diploma de "deseñadora paisaxista" no Centro Forestal de Lourizán e comeza a desenvolve-la súa actividade nesta interesante disciplina que, a pesares de non ser moi coñecida, está directamente relacionada co mundo da arquitectura, o urbanismo e os estudios de impacto ambiental.

En 1985 crea a súa propia empresa, "Solaina", e realiza dende entón numerosos proxectos e construccións de xardíns, tanto particulares como públicos, así como axardinamentos de prazas, reconstruccións históricas e mantementos.

Contacta con Elisa Redondo Abelenda
eredondo@infobrion.com

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela