Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Concerto inaugural Curso 2017/18 na ESMU Magariños
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Concerto na ESMU Magariños para inaugurar o novo curso

Infobrion.com

A Escola Municipal de Música Magariños organiza o luns 18 de setembro un concerto a cargo do cuarteto de clarinetes OuKlar. Un xeito orixinal de inaugurar o novo curso académico 2017-18 que se iniciará a nivel lectivo ao día seguinte. O recital, que terá lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Social Polivalente de Brión, será de acceso libre ata completar aforo.

OuKlar é unha formación de vento composta por catro mozos clarinetistas de Ourense unidos polo seu pasado común, a súa etapa de formación académica, e as súas ganas de facer música xuntos. Neste recital farán unha viaxe por diferentes estilos e épocas, interpretando obras de compositores tan dispares como: Amilcare Poncchieli, Vittorio Monti, Astor Piazzolla, para logo volver á terra co clarinetista e tamén compositor galego Simón Couceiro. Tamén achegarán ao auditorio á música popular de distintos recunchos do mundo.

O martes, 19 de setembro, o centro educativo brionés comezará unha nova xeira académica que se prolongará ata o 15 de xuño de 2018. O curso 2017/2018 conta cunha matrícula de máis de 230 alumnos en termos absolutos e por enriba das 900 matrículas nas distintas materias impartidas no centro. Ata o 31 de outubro, o centro admitirá por rigorosa orde de inscrición as solicitudes de matrícula nas especialidades que teñan prazas vacantes.

A escola de música do Concello de Brión ofrece na actualidade unha oferta de 20 instrumentos, ademais doutras materias complementarias coma linguaxe musical, coros, combos, banda de música, ensambles de clarinetes e saxofóns, agrupación de percusión, banda de gaitas, harmonía, análise musical e música e movemento, entre outras. O Plan Educativo de Ensinanzas Musicais recolle unha formación aberta a todos os veciños de Brión independentemente da súa idade.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela