Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Viaxe dos maiores a Andorra e Lourdes (Francia)
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Excursión dos maiores a Andorra e Lourdes (Francia)

Casa da Cultura. Concello de Brión

Do 12 ao 18 de abril os maiores de Brión poderán gozar, un ano máis, dunha interesante e entretida viaxe deseñada especialmente para eles. A actividade, organizada polo Concello de Brión, está dirixida a veciñas e veciños maiores de 50 anos de idade e aos seus conxugues.

A excursión inclúe a viaxe en autocar e o aloxamento en réxime de pensión completa en hoteis de 4 estrelas, con auga e viño, ademais do seguinte programa:

-Viaxe de ida con visita á Catedral de León e comida en Sahagún.
- Visitas a Jaca, Huesca, Andorra, Lourdes e Donostia-San Sebastián.
- Entrada de balde no spa do hotel para unha mañá.
- Regreso por Picos de Europa, con visita a Liébana e xantar en Potes (Cantabria).

As persoas interesadas en participar poderán tramitar a inscrición do 5 ao 27 de marzo (ambos os días incluídos) no Centro Social Polivalente ou por teléfono, chamando ao número 981 55 99 10, de 8:30 a 14:30 h. O prezo da actividade é de 430 € por persoa. O pagamento ou anulación da reserva sen custe poderá realizarse ata do día 6 de abril no citado Centro Social. Lembrar tamén que o día 5 de marzo non se farán inscricións por teléfono, só en persoa. Cada participante só poderá inscribir ao seu acompañante. As prazas de autocar outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.

Ligazón co bando

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela