11/09/2014 | XXXII Festa do Cabalo de Brión |
---|---|
10/03/2014 | Brión celebra a súa festa de Entroido |
12/02/2014 | Entroido 2014 |
09/01/2014 | Caloroso e multitudinario recibimento ás SS.MM os Reis Magos |
09/01/2014 | Coñecemos aos gañadores do concurso de tarxetas de Nadal 2013 |
03/01/2014 | Cabalgata de Reis 2014 |
16/12/2013 | Nadal 2013 |
30/11/2013 | Castañas, chocolate e churros no Magosto brionés |
31/10/2013 | Magosto 2013 |
02/10/2013 | Santa Minia reuniu milleiros de romeiros pese á choiva |
<Ant | 1 2 3 4 5 6 7 | Seg> |
En escasas semanas, Don Carnal regresa a Brión para dar inicio ás tan esperadas celebracións do Entroido. Unha tradición que neste municipio se prolongará unha semana máis, concretamente ata o domingo 18 de febreiro, data na que se celebrará a gran festa do Entroido cun desfile e un concurso e baile de disfraces.
Como ven sendo habitual, o evento iniciarase ás 16:30 h. na Carballeira de Santa Minia, lugar dende o que todos os participantes desfilarán cara ao pavillón polideportivo municipal, acompañados pola música da charanga Os Celtas. No caso de choiva, ou outro fenómeno atmosférico adverso, os concursantes concentraranse directamente nas mencionadas instalacións deportivas. En calquera caso, deberán presentarse na Carballeira de Santa Minia unha hora e media antes do desfile para recoller os seus dorsais.
No pavillón celebrarase o habitual concurso de disfraces. Nada mais finalice, a orquestra CAPITOL amenizará coa súa música o tradicional baile, que se prolongará ata ben entrado o serán. Nun descanso do grupo musical, anunciarase o veredicto do xurado, que premiará nas diferentes categorÃas as consideradas como mellores propostas do Entroido deste ano.
Lembra que para participar no concurso debes inscribirte dende o 1 ao 15 de febreiro na Casa da Cultura de Brión, ou chamando ao teléfono 981 50 99 08. O horario de atención ao público é de 09:00 a 14:00 h., de luns a venres. MOI IMPORTANTE: NON SE ADMITIRÃN INSCRICIÓN NO MESMO DÃA. Podes consultar as bases premendo nesta ligazón.AquÃ, tamén poderás descargar a documentación necesaria para formalizar a inscrición.
O Entroido de Brión 2018 convÃdate a participar no evento festivo que pecha as celebracións na comarca. Con disfrace ou sen el, non perdas a oportunidade de divertirte antes de que Don Carnal abandone as nosas rúas ata o vindeiro ano.