Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  | Seg>
Separador
Magosto 2017 en Brión
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Brión celebrou o seu tradicional Magosto

Infobrion.com

Brión celebrou un ano máis o seu tradicional Magosto. Unha festa onde o froito do outono por excelencia, as castañas, foron de novo protagonistas xunto ao chocolate e os churros. Unha tradición do noso concello que se repite cada mes de novembro na privilexiada contorna da Carballeira de Santa Minia.

O serán festivo comezou, non obstante, na Praza do Concello. A partires das 17:30 h., e baixo a denominación de Os Biosbardos, realizouse un obradoiro de enredos e xogos populares onde pequenos e grandes puideron coñecer e participar en numerosas brincadeiras tradicionais. Unha actividade que se prolongou ata as 19:00 h. e se caracterizou pola numerosa asistencia de público.

A partires das sete do serán, o crecente recendo a castañas asadas, churros e chocolate morno desprazou o punto de atención cara a Carballeira de Santa Minia. Alí erguíase unha carpa onde a numerosa veciñanza puido resgardarse dunhas temperaturas que ían en progresivo descenso. Polo demais, o tempo atmosférico axudou a que a asistencia ao evento fora notoria. Numeroso público concentrouse arredor dos puntos onde se distribuíron castañas, chocolate morno e churros, ademais doutras bebidas frías para acompañar a merendada.

O acompañamento musical estivo a cargo das Escolas Musicais de Baile e Música Tradicional de Brión, que amenizaron o Magosto executando varias pezas de música tradicional do seu amplo repertorio.

Galería de imaxes do evento

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela