Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Romaría de Santa Minia 2015
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Unha concorrida Romaría de Santa Minia que bateu récords

Casa da Cultura. Concello de Brion

A Carballeira de Santa Minia recupera a normalidade tras tres xornadas de festa que deixaron pegada na recente historia desta popular romaría brionesa. A confluencia de datas e boa tempo converteron a edición deste ano nunha das máis concorridas, cunha afluencia de público que bateu todos os records dos últimos anos.

Segundo os cálculos da organización, máis de 50.000 visitantes achegáronse a Brión durante os tres días de celebracións, que comezaron o venres 25 e se prolongaron ata o domingo 27 de setembro. Tres intensas xornadas cheas de actividades lúdicas e celebracións litúrxicas, onde a gastronomía ocupa tamén un destacado lugar. Porque o ritual desta romaría pasa por acudir a algunhas das numerosas misas, visitar as reliquias da nena mártir na capela que coroa a carballeira que leva o nome da Santa e, de seguido, acudir ata algunha das cinco “pulperías” para degustar o famoso polbo á feira, unha das marcas de identidade desta romaría. Segundo comentaron os propios establecementos, servíronse en tres días entre 4500 e 5000 kg. de polbo, a 8 € a ración.

Outro dos atractivos foron os máis de 170 postos de venda que se situaron na entorna da capela e nas rúas anexas. Entre eles, destacaron os das rosquilleiras, onde os romeiros puideron comprar as rosquiñas de Santa Minia, outra das tradicións que dende sempre caracterizaron esta festa. Sen esquecer, por suposto, as velas e os exvotos para ofrecer á santa, que coma sempre se adquiriron en varias cererías situadas nas proximidades do templo.

Dende primeira hora da mañá, especialmente o domingo, medio cento de autobuses de toda Galicia achegaron miles de romeiros a Brión para cumprir co ritual. Pero a maioría de visitantes chegaron nos seus propios vehículos. A celebración ocasionou retencións nas estradas de acceso e incluso na autovía que comunica Santiago con Brión. En hora punta, as agardas foron de ata 45 min. ante a inxente afluencia de coches e persoas que se achegaban ao santuario.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela