Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Romaría de Santa Minia 2013
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Romaría de Santa Minia 2013

Concello de Brión

Os días 26, 27 e 28 de setembro o recendo e os sons da festa máis popular da comarca inundarán a atmosfera de Brión convidando un ano máis a milleiros de visitantes a achegarse á carballeira que leva o nome da Santa mártir para participar na Romaría de Santa Minia 2013.

Unha festa que mestura a devoción relixiosa co ambiente lúdico dunha popular romaría centenaria onde non faltarán as celebracións litúrxicas, o baile e a boa gastronomía galega. Porque Santa Minia ten infinidade de atractivos, que este ano multiplícanse por tres, que son os días de celebración desta popular romaría.

::PROGRAMA::

XOVES 26 DE SETEMBRO DO 2013

-12:00 hrs. -CHARANGA MEKÁNIKA
-14:00 hrs. -SESIÓN VERMÚ: ORQUESTRA "TRIUNFO"
-17:00 hrs. -CHARANGA MEKÁNIKA
-19:00 hrs. -CÉ ORQUESTRA PANTASMA
-22:30 hrs. –ORQUESTRAS:
COMBO DOMINICANO e TRIUNFO
-24:00 hrs. -FOGOS DE ARTIFICIO "QUEIMA DA FACHADA"

VENRES 27 DE SETEMBRO DO 2013

-10:00 hrs. -CUARTETO TRADICIONAL DE GAITAS
-12:00 hrs. -CHARANGA MEKÁNIKA
-14:00 hrs. -SESIÓN VERMÚ:
ORQUESTRA "FANIA BLANCO SHOW"
-17:00 hrs. -ANIMA RÚA "O CEGO DE ANTARES"
-17:00 hrs. -CHARANGA MEKÁNIKA
-19:00 hrs. -FESTICULTORES TROUPE
"EGFA - EXERCITO GUERRILLEIRO DAS FESTAS ARMADAS"
-22:00 hrs. –ORQUESTRAS:
FANIA BLANCO SHOW e CENIZA

SÁBADO 28 DE SETEMBRO DO 2013

-10:00 hrs. -CHARANGA APELES
-13:30 hrs. -CONCERTO BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE BRIÓN
-17:30 hrs. -ESPECTÁCULO "ROI O CAGABOLAS" Malabares e maxia cómica
-18:30 hrs. -ESCOLA DE BAILE E PANDEIRETA DE BRIÓN (Actuación na Praza do Concello)
-19:30 hrs. -AGRUPACIÓN "BRISAS DA CROA"
-22:00 hrs. –ORQUESTRA:
TAMBO

::HORARIO DE MISAS::

NOVENA
Do 17 ao 25 de Setembro, todos os días ás 20:00 hrs.
Domingo 22 ás 12:00 hrs.

DÍA 26 [VÉSPERA]
Mañá: 9:00 | 12:00 hrs.
Tarde: 18:00 | 19:00 | 20:00 hrs.

DÍA 27 [SANTA MINIA]
Mañá: 9:00 | 10:00 | 11:00 | 12:00 | 13:00 hrs. [Solemne]
Tarde: 17:00 | 18:00 | 19:00 | 20:00 hrs.

OUTRAS DATAS
Sábado 28 de Setembro: 10:00 | 20:00 hrs.
Domingo 29 de Setembro: 9:00 | 11:00 | 12:00 | 19:00 hrs.
Domingo 6 de Outubro: 9:00 | 12:00 | 19:00 hrs.
Domingo 14 de Outubro: 9:00 | 12:15 hrs.

RESTO DO ANO
Domingos e festivos durante o ano: 12:00 hrs.


Coma todos os anos, o concello vai por a disposición dos visitantes áreas de aparcadoiro de balde. Desde o Concello de Brión quérese facer especial fincapé en que o aparcadoiro é totalmente gratuíto, unha advertencia para que os numerosos visitantes non se deixen enganar pola "picaresca" dalgunhas persoas que na pasada edición se aproveitaron dalgúns romeiros para cobrarlles un aluguer.

Os autobuses deberán facer transbordo xunto ao Centro Social Polivalente, xa que a avenida de Santa Minia permanecerá cortada durante os días de festa, un corte que xustifican polos máis de 200 postos de venda que ocuparán as dúas marxes da avenida. Os veciños residentes non terán problemas en acceder aos garaxes, pois repartiranse pases especiais para que cheguen sen problema aos seus fogares.

Toda a información sobre este evento pode consultarse en http://santaminia.blogspot.com.es/

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela