Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Entroido en Brión, 2013
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Entroido 2013

Casa da Cultura. Concello de Brión

O domingo 17 de febreiro as rúas de Brión vanse tinxir coas vivas e alegres cores do Entroido. Como é tradición, unha semana despois que noutros lugares da comarca, vaise celebrar o tradicional desfile e concurso de disfraces brionés. Porque ao festeiro Don Carnal gústalle prolongar a súa estancia no noso concello unha semana máis.

O desfile de disfraces, prólogo do posterior concurso, iniciarase ás 16:30 horas na Carballeira de Santa Minia, percorrendo ás rúas de Pedrouzos ata o pavillón polideportivo municipal, lugar onde se celebrará o concurso. O xurado deberá escoller as mellores e máis orixinais propostas que se presenten nas diferentes categorías. Como todos anos, tamén se celebrará un baile de disfraces amenizado pola orquestra CAPITOL.

::Concurso de disfraces::

Como en anos anteriores, todos os participantes no desfile que se inscriban previamente, participarán no concurso de disfraces, no que poderán optar a algún dos premios contemplados nas diversas categorías:

1ª Categoría Infantil (ata 11 anos)

- Modalidade Individual :
1º Premio: Vale de 50,00 € para libros, xogos ou material escolar.
2º Premio: Vale de 40,00 € para libros, xogos ou material escolar.
3º Premio: Vale de 20,00 € para libros, xogos ou material escolar.


2ª Categoría Xuvenil (de 12 a 17 anos)

- Modalidade Individual:
1º Premio: Vale de 55,00 € para libros, xogos ou material escolar.
2º Premio: Vale de 40,00 € para libros, xogos ou material escolar.
3º Premio: Vale de 20,00 € para libros, xogos ou material escolar.

3ª Categoría Adultos (de 18 anos en diante)

- Modalidade Individual:
1º Premio: 100,00 €
2º Premio: 75,00 €

- Modalidade Parellas
1º Premio: 150,00 €
2º Premio: 100,00 €

4ª Categoría Xeral

- Modalidade Grupos ( 3 a 9 persoas):
1º Premio: 200,00 €
2º Premio: 150,00 €
3º Premio: 100,00 €

- Modalidade Comparsas (de 10 ou mais persoas):
1º Premio: 300,00 €
2º Premio: 200,00 €
3º Premio: 150,00 €

- Modalidade Carrozas
1º Premio: 200,00 €
2º Premio: 150,00 €
3º Premio: 100,00 €

Será obrigatorio participar no desfile que sairá da Carballeira de Santa Minia percorrendo diversas rúas ata o Pavillón Polideportivo Municipal para formar parte do concurso de disfraces.

::Inscrición::

O prazo de inscrición comeza o luns 4 de febreiro. A mesma poderase facer persoalmente na Casa da Cultura, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, e no telefono 981 509908 no mesmo horario. Tamén o mesmo día do concurso de 15:00 a 16:00 horas na Casa da Cultura.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela