Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Romaría de Santa Minia 2012
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Romaría de Santa Mina 2012

Casa da Cultura. Concello de Brión

Os días 26 e 27 de setembro celebrase unha das romarías máis populares e esperada da comarca, a Santa Minia; unha festa que atrae a milleiros de visitantes, onde a devoción relixiosa se mestura coa celebración lúdica e festiva. Porque a romaría de Sta Minia arrecede a incenso e cera, pero tamén a polbo á feira e a rosquillas cubertas de azucre, mentres na carballeira resoan os acordes das gaitas e a música das orquestras.

Os romeiros poderán gozar de todo o que significa esta festa dende a mañanciña do mércores 26, véspera de Santa Minia. As misas comezarán ás 9 e continuarán as 11 e ás 12:30 h. Pola tarde, a liturxia celebrarase ás 6, ás 7 e ás 8 do serán.

No eido máis profano, ás 12:00 h., a charanga “Os Celtas” iniciarán o seu pasa rúas a ritmo de vento e percusión. Ás 14:00 h. comezará a sesión vermú coa orquestra “América S.L.” . No serán, ás 19:00 h. a diversión chega da man de “Troula e animación” e ás 21:00 h. os “Kiomberos de Montealto “ animarán a carballeira co espectáculo “Charanga percusión”. Ás 22:30 h. “América S.L.” e “Capitol” serán as grandes atraccións da noite, co permiso dos fogos de artificio e a tradicional “Queima da fachada”, que se iniciará a media noite.

O xoves 27 é o día da Santa. As misas celebraranse cada hora dende as 9 da mañá ate a 1 da tarde (solemne) e dende as 5 ás 8 do serán. Mentres, na carballeira, as actuacións musicais e os espectáculos de rúa prolongaranse ao longo do día. Ás 10:00 h. “Cuarteto de gaitas”, ás 12:00 h. Charanga “NBA”, as 13:00 h. Compañía “Femme Fatale”, ás 14:00 h. sesión vermú coa orquestra “Trebol”, as 17:00 h. “Trópico de grelos” co espectáculo “Batuke galego” e ás 20:00 h. grande actuación da Banda de Música Municipal do Concello de Brión. Pola noite, non faltará o baile a cargo das orquestras “Trébol” e “Los Satélites”

Coma todos os anos, o concello vai por a disposición dos visitantes áreas de aparcadoiro gratuítas. Desde o Concello de Brión quérese facer especial fincapé en que o aparcadoiro é totalmente de balde, unha advertencia para que os numerosos visitantes non se deixen enganar pola "picaresca" dalgunhas persoas que na pasada edición se aproveitaron dalgúns romeiros para cobrarlles un aluguer.

Os autobuses deberán facer transbordo xunto ao Centro Social Polivalente, xa que a avenida de Santa Minia permanecerá cortada durante os dous días de festa, un corte que xustifican polos máis de 200 postos de venda que ocuparán as dúas marxes da avenida. Os veciños residentes non terán problemas en acceder aos garaxes, pois repartiranse pases especiais para que cheguen sen problema aos seus fogares.

Máis información nesta ligazón

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela