Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Santa Minia 2011
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Santa Minia quere ser festa de interese turístico de Galicia

Casa da Cultura. Concello de Brión

O Concello de Brión vai solicitar á Xunta a declaración da Romaría de Santa Minia, que se celebra o 27 de setembro, como Festa de Interese Turístico de Galicia. A romaría, á que acoden milleiros de persoas, é unha das máis populares da comarca.

A tramitación do expediente necesita do aval do pleno municipal, polo que a proposta foi incorporada formalmente á convocatoria do debate ordinario que se celebrou o pasado mércores 20 de xuño. O Concello brionés considera que a romaría de Santa Minia cumpre con todos os requisitos para ser unha festa de interese turístico. O primeiro é que a celebración proposta teña máis de dez anos de antigüidade, ademais de ser unha cita singular, con arraigamento e valor cultural. Condicionamentos que a cita relixiosa de Santa Minia cumpre con fartura. Pero para que non caiban dúbidas, o expediente ante a Xunta incluirá fotografías, carteis, programas, folletos, libros, referencias bibliográficas, etc.

O rexedor brionés, Xosé Luís García, destaca que aínda que a romaría é unha festa relixiosa, o Concello contribúe activamente en todos os actos, ademais de acondicionar a contorna da capela, manter efectivos da Policía Local e de Protección Civil durante todo o día. E seguindo a tradición, a xornada de Santa Minia é festivo local

Fontes desta nova na prensa:
La Voz de Galicia :: El Correo Gallego

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela