Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Santa Minia 2011
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada Foros Relacionados
- Non hai

Santa Minia 2011 recibe a 35000 romeiros

Casa da Cultura. Concello de Brión

Santa Minia cumpre coas expectativas de asistencia reunindo a máis de 35.000 persoas que, un ano máis, acudiron á popular romaría que se celebrou os días 25, 26 e 27 de setembro en Brión.

Xa sexa por devoción á Santa ou simplemente por participar da festa, non cabe dúbida que a romaría non ten parangón e que segue gozando dun gran poder de convocatoria. O día grande da Santa, uns 10.000 devotos pasaron pola carballeira para participar tanto dos actos relixiosos como dos festivos, sen esquecer outro dos grandes atractivos da romaría, o gastronómico.

Porque xunto as tradicionais rosquillas coas que os romeiros agasallan ás súas familias como testemuña da súa participación na festa, o que os visitantes nunca esquecen é degustar o tradicional polbo a feira nalgunha das pulperías sen as que a romaría perdería un dos seus rasgos máis característicos.

Ademais das sesións vermú e verbenas nocturnas amenizadas pola música de orquestas como Superfama, Ritmo Joven, America SL e Los Satélites, entre outras, os pasarrúas e espectáculos teatrais e de maxia completaron unha programación que non deixou un intre para o aburrimento. Pero o máis esperado polo público foi, coma todos os anos, a popular sesión de fogos artificiais e “queima da fachada” que tivo lugar a media noite do día 26, vésperas de Santa Minia.

Trala gran afluencia de romeiros do día grande, as festas chegaron ao seu fin, cun balance positivo, sen incidentes significativos grazas a un dispositivo de seguridade que funcionou adecuadamente.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela