Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Visita dos Reis Magos 2009
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada Foros Relacionados
- Non hai

Últimanse os preparativos para recibir en Brión aos Reis Magos

Casa da Cultura. Concello de Brión

Xa case está todo listo para o tradicional recibimento que o Concello de Brión ofrecerá ás SS.MM. os Reis Magos na tarde do vindeiro 5 de xaneiro. O acto de benvida con que os veciños de Brión agasallan na véspera da celebración da Epifanía aos Magos de Oriente comezará ás 17:00 horas no Adro da Igrexa de Os Ánxeles. Dende alí saíra a comitiva real dirección ao Pavillón Polideportivo Municipal, onde está previsto realizar unha audiencia pública. As SS.MM. os Reis Magos realizarán o paseo a cabalo, acompañados por unha escolta de gardas romanos que os conducirán ata as mencionadas instalación, no lugar de Pedrouzos.

No pavillón, onde estes días se ultiman os preparativos, serán recibidos por todos cantos veciños e visitantes queiran acudir. Quen non faltarán serán os membros da corporación municipal, que lle darán a benvida en nome de toda a cidadanía. Alí tamén os esperan, como outros anos, un Belén vivente, que inclúe artesáns e oficios tradicionais, así coma os tronos onde recibirán ao público asistente para informarse das últimas peticións dos nenos e nenas que queiran coñecelos. Para eles haberá agasallos e larpeiradas que as súas maxestades lles entregarán en persoa.

Tralo recibimento, Gaspar, Melchor e Baltasar retiraranse a descansar, antes de comezar na madrugado do día 6 de xaneiro, a dura tarefa de facer realidade os soños dos nenos, e non tan nenos, de todo o concello.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela