Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 1  2  | Seg>
Separador
Carreira Pedestre da Amaía 2018
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Nuno Costa e Yolanda Guti√©rrez ga√Īadores da XXXVI Carreira Pedestre Popular da Ama√≠a

Infobrion.com

O pasado sábado, día 6 de outubro, celebrouse en Brión a XXXVI Carreira Pedestre da Amaía, unha das probas deportivas máis senlleiras da bisbarra. Unha competición que este ano reuniu na contorna da Carballeira de Santa Minia a 431 atletas, sumando crianzas e adultos.

O atleta portugu√©s afincado en Sig√ľeiro, Nuno Costa, do club Tambre & Running, e a ourens√° Mar√≠a Yolanda Guti√©rrez, da agrupaci√≥n Maeloc Way, resultaron ga√Īadores da 36¬™ edici√≥n desta popular carreira, inclu√≠da no Circu√≠to de Carreiras Populares de Deputaci√≥n da Coru√Īa, que este ano estreou un novo itinerario na categor√≠a adultos.

Nuno Costa acadou unha vitoria para a que se prognosticaba como favorito, cun tempo de 31 min. e 26 seg. no que percorreu os 9,5 Km do novo trazado. O portugu√©s logrou un trunfo baseado no esforzo e a loita ata o √ļltimo intre, pois s√≥ avantaxou en 5 seg. ao segundo clasificado, Antonio Teijido, de Guitiriz e atleta do Club de Atletismo Verxel Nutrici√≥n Deportiva. O atleta compostel√°n Amador Pena, do Club Atletismo O Pino, completar√≠a o podio dos ga√Īadores absolutos en categor√≠a masculina.

Na feminina, a vencedora da proba foi María Yolanda Gutiérrez, que na clasificación xeral entrou no posto décimo cuarto, cun tempo de 35 min. e 14 seg. O segundo posto foi para a atleta compostelá Tina Fernández, do club Noitebra, cun tempo de 35 min. e 52 seg. Completou o podio da categoría Teresa Castro Villaverde, do Club Atletismo Noia, cun tempo de 38 min. e 49 seg.

A xornada comezou ás 17:00 h. coas carreiras das categorías infantís que se sucederon ata as 18:00 h., momento no que se deu saída á carreira absoluta. Todos as crianzas das categorías pitufo e prebenxamín recibiron unha medalla. Os tres primeiros clasificados da proba absoluta, levaron os seus respectivos trofeos xunto cun premio en metálico (200, 170 e 150 euros), tanto en categoría masculina como feminina. Tampouco marcharon sen trofeo os tres primeiros homes e mulleres empadroados en Brión, así como os oito mellores en cada categoría. Como agasallo, todos os participantes recibiron unha camiseta técnica.

Parab√©ns para os ga√Īadores e as ga√Īadoras e grazas a todos e todas por participar.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela