Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
III Andaina Terras de Altamira-Brión
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Éxito de participación na III Andaina Terras de Altamira que se celebrou en Brión

Infobrion.com

O sábado 27 de maio celebrouse en Brión a esperada III Andaina Terras de Altamira, unha xornada deportiva organizada pola Asociación O Esquío no Piñeiro e o Concello de Brión, coa colaboración da Piscina Cuberta Municipal de Brión, da Federación Galega de Montañismo e do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre.

A proba, que tivo a súa base operativa na Carballeira de Santa Minia, estivo dividida en tres aneis de 14, 22 e 14 km. que os participantes puideron combinar hasta sumar o total de 50 km., atendendo á súa capacidade física ou motivación. Os sendeiros escollidos transcorreron á beira dos ríos Sar e Tambre, bordeando fervenzas, castelos e numerosos puntos de interese de singular beleza e valor medioambiental.

Trala entrega de dorsais, que comezou ás 8:00 h., iniciouse unha andaina que permaneceu aberta durante 12 h., de nove da mañá a nove do serán, con peches de saída dos aneis ás 13:00 h. e ás 17:00 h. Preto de 350 persoas participaron nunha marcha pedestre que incluíu servizos médicos de emerxencia, recollida dos sendeiristas en caso de abandono ou lesión, avituallamentos sólidos e líquidos, ademais de agasallos conmemorativos do evento. Todos os inscritos recibiron unha pequena bolsa-mochila, unha camiseta técnica e unha catimplora porta líquidos.

Como novidade desta terceira edición, a marcha puntuou para a Copa Galega de Andainas de 50 km, promovida pola Federación Galega de Montañismo. Un extra que, sen dúbida, fixo máis atractivo a un evento deportivo que unha vez máis deixou un gran sabor de boca entre a maioría de participantes.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela