Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  | Seg>
Separador
Instalacións municipais de piragüismo en Ponte Ínsua
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

O Concello de Brión investirá cen mil euros en anovar as instalación municipais de piragüismo

Infobrion.com

O Concello de Brión investirá no vindeiro ano máis de cen mil euros na remodelación das instalacións municipais de piragüismo que fican no lugar de Ponte Ínsua en Ons, no límite co veciño municipio de Negreira.

O rexedor brionés, Xosé Luís García, anunciou estas medidas no acto de entrega de tres novas piraguas aos deportistas locais Luís Gilbert, campión de España infantil, a Laura Ardións, campioa alevín de A Coruña , e outra destinada ao club deportivo Ribeiras do Tambre.

Unha necesaria intervención que permitirá anovar unhas dependencias moi utilizadas, tanto polos cursos de piragüismo que se celebran todos os veráns, como polos escolares que practican este deporte acuático a través do club Ribeiras do Tambre.

O orzamento destinado a esta intervención, que consta dunha achega económica da Deputación da Coruña, permitirá solucionar problemas de humidade do edificio, así coma dotalo dun sistema de subministro enerxético máis eficiente.

No mencionado acto, Xosé Luís García agradeceu "o esforzo que están facendo os nosos deportistas por conseguir bos resultados, as súas familias por acompañalos aos adestramentos e ás competicións e o club Ribeira do Tambre pola súa dedicación". Tamén destacou que o deporte da piragua ten cada día máis afeccionados no municipio.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela