Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Sendeirismo, marzo 2016
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

En marzo regresan as rutas de sendeirismo do Concello de Brión

Casa da Cultura. Concello de Brión

En marzo iníciase unha nova temporada de sendeirismo en Brión. O Departamento Municipal de Cultura e Deportes proponche dúas xornadas desta actividade deportiva ao aire libre na que pode participar toda a familia.

- Sábado 5 de marzo, Ruta do Tambre
Cun percorrido circular de 22 Km entre Brión a Ons, a ruta ofréceche unhas espectaculares vistas da ribeira do Tambre, a través dun itinerario de dificultade baixa. O lugar de saída vai ser a Carballeira de Santa Minia; a hora, as dúas da tarde. A inscrición nesta actividade é gratuíta.

- Sábado 26 de marzo, Ruta do Río Pedras (Barbanza)
A seguinte proposta vai ser unha ruta pedestre na Península do Barbanza, duns 20 Km de distancia e dificultade baixa que transcorrerá á beira do Río Pedras, ao pé do Monte Curota. Un lugar de gran beleza, cunha abrupta orografía onde os canles fluviais dos ríos San Xoán e Barbanza conflúen nun mesmo leito para dar lugar ao Río Pedras. Rodeados de vexetación autóctona, observaremos as pozas, tobogáns e saltos conformados ao longo de milleiros de anos polo traballo das correntes de auga.

Como ven sendo habitual, o lugar de concentración e saída será a Carballeira de Santa Minia; dende alí partirá un autobús ás 8:30 h. camiño do Barbanza. Neste caso, será necesario levar xantar tipo pícnic.

A cota de inscrición nesta saída é de 10 € por participante. Hai un límite de 50 prazas, que se asignarán por rigorosa orde de inscrición. Para confirmar a praza será indispensable entregar o resgardo da folla de taxas oficial correctamente cuberta e asinada. Para facelo os interesados deberán acudir á Casa da Cultura antes do día 22 de marzo. Tamén lembrar que non se admiten pagamentos conxuntos nunha mesma folla, cada participante deberá entregar cadanseu formulario.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela