Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
II Encontro benéfico de fútbol Bastavales U.D.
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

II partido de fútbol benéfico organizado polo Bastavales U.D.

Casa da Cultura. Concello de Brión

O solidariedade é un valor que debe estar vixente durante todo o ano, pero que gaña especial sentido nestas datas. É por iso que o Bastavales U.D. organiza o vindeiro sábado 28 de decembro un partido de fútbol benéfico para colaborar coa campaña de recollida de alimentos “Brión Solidario”.

O encontro de fútbol, arbitrado polo colexiado de 1ª División Enrique Ramos Ferreirós, vai celebrarse no Campo de Fútbol Municipal de Brión e enfrontará ao Bastavales U.D. contra un combinado de xogadores da 3ª División. Antes deste enfrontamento amizoso, haberá un partido exhibición da categoría Benxamín do Bastavales U.D.

O serán deportivo comezará ás 16:00 h. e non se cobrará entrada. A única condición para acceder ao campo será achegar algún alimento para doar á campaña de recollida “Brión Solidario”. Durante a semana tamén se poderán achegar alimentos nos seguintes lugares:
- Campo de Fútbol
- Bar Casa Isorna
- Restaurante O Padriño
- Casa Botana

Os alimentos recollidos durante este partido e ao longo da semana, serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Brión, campaña “Brión Solidario”. Para facilitar a almacenaxe e posterior reparto dos alimentos entre familias con dificultades económicas de Brión, só se recollerán alimentos non perecedoiros e correctamente empaquetados (pastas, aceites, conservas, legumes, cereais, leite, etc...).

Unha oportunidade única para gozar co bo fútbol e colaborar nunha boa causa este Nadal. De ante man, grazas por participar e felices festas!

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela