Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
XXXI Carreira Pedestre da Amaía
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

XXXI Carreira da Amaía

Casa da Cultura. Concello de Brión

O domingo 6 de outubro celebrase en Brión a XXXI Carreira Pedestre da Amaía, auténtica festa do atletismo na comarca e unha das probas máis importantes do panorama deportivo galego. Trala Romaría de Santa Minia, celebración de reúne en Brión milleiros de persoas, a carreira pedestre atrae ao concello centos de deportistas que ano tras ano participan neste maratón que comezou a súa andaina a comezos da década dos 80.

Na edición deste ano os participantes vanse enfrontar a un novo percorrido de 8 km., os adultos, e de 500 m. aproximadamente, os pequenos de ata 12 anos de idade. A proba contará novamente con cronometraxe electrónica mediante chip; por iso, a inscrición na mesma deberá realizarse ata as 14:00 h. do día 3 de outubro de 2013, non admitíndose inscricións o mesmo día da carreira.

Os participantes poderán recoller os dorsais o mesmo día da proba, antes das 10 da mañá. Ás 10:30 h. terá lugar a saída de proba infantil e as 11:00 h. a saída dos dos adultos. Ao remate da mesma repartiranse premios entre os seis gañadores absolutos e trofeos aos tres primeiros de cada unha das trece categorías existentes, ademais todos os participantes que completen a carreira recibirán unha camiseta de regalo.

Para realizar a inscrición só é necesario dirixirse ao seguinte enderezo web: http://carreirapedestredaamaia.blogspot.com.es/p/inscricions-nenosas.html.

Toda a información sobre este evento pode consultarse en http://carreirapedestredaamaia.blogspot.com.es/

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela